Axenda da fin de semana de #ANosaBase

con No hay comentarios
Xuvenil

UD Ourense – CD Allariz (Domingo, 10:00 h Colexio Miraflores)

O conxunto de Agustín regresa a competición, despois dunha semana de descanso na competición. Os vermellos reciben o Allariz conxunto de metade de táboa e que afronta o encontro tras caer derrotado na casa fronte o Monforte “B”. Os alaricanos levan 7 xornadas desputadas cun bagaxe de 2 vitorias, 1 empate e 4 derrotas. Os nosos buscan o liderato de grupo e manterse nos postos de playoff de ascenso.

Cadetes

UD Ourense – Ourense CF (Domingo, 12:15 Colexio Miraflores)

Os nosos afrontan un deses partidos especiais e con sabor a derbi diante do Ourense CF. Os pupilos de Vilachá e Valderas está situado en media táboa e acumula 5 xornadas invicto. Tralo empate fronte o Marcón Atlético, nova proba de fogo ante un conxunto que se encontra na parte alta da táboa coliderando a clasificación. Duelo por todo o alto para a matinal do domingo.

UD Ourense “B”

Descansa trala retirada do EDC Xinzo “B” da competición.

Infantís

CD Allariz – UD Ourense (Sábado, 12:00 O Seixo)

O conxunto infantil adestrado por Bruno Gómez afronta unha nova xornada para seguir na parte alta da táboa e tentar alcanzar a Barbadás e Pabellón, que ata agora colideran a clasificación. Os vermellos chegan tras golear con contundencia o Ourense CF “B” por 8-3. O rival será o Allariz, un conxunto que ata o de agora non sabe o que é gañar nesta liga.

UD Ourense “B” – EDC Barbadás “B” (Sábado, 20:00 Colexio Miraflores)

O conxunto infantil “B” adestrado por Jose Conde afronta unha nova cita ligueira, tras a derrota acadada o pasado fin de semana fronte a ED Ourense. Agora tócalle o turno o EDC Barbadás, conxunto da parte alta da táboa e que ten un punto de vantaxe sobre os vermellos, ademais de 1 partido máis. Rival directo pola parte alta e por voltar a recuperar sensacións tralo tropezo da pasada semana.

Alevís

UD Ourense – Ribeiro FC (Sábado, 19:00 Colexio Miraflores)

O primeiro conxunto alevín busca a terceira vitoria consecutiva do campionato. Os vermellos están situados na parte media alta da táboa e buscan seguir escalando posicións. Tras superar a EDC Verín o pasado fin de semana, agora toca enfrontarse o Ribeiro, conxunto da parte baixa que suma 3 puntos en 4 xornadas e 3 derrotas consecutivas.

EDC Celanova – UD Ourense “B” (Sábado, 10:45 Anexo San Rosendo)

O segundo conxunto alevín saltará o terreo de xogo unha nova xornada na procura do retorno a senda da vitoria, despois de dúas derrotas consecutivas. Os vermellos caeron diante da AD Bosco “B” a pasada fin de semana, e agora toca visitar a EDC Celanova, equipo que suma 6 puntos en 3 xornadas e que ven de caer derrotado fronte a EDC Verín “B”.

UD Ourense “C” – A Peroxa FC (Sábado, 12:15 O Marco)

O terceiro conxunto alevín afronta a súa cuarta xornada do campionato ligueiro. Os vermellos veñen de gañar os 3 partidos oficiais desputados e afrontan o choque deste sábado cargados de moral. Os ourensáns enfróntanse a un Peroxa que suma 1 punto e 9 posibles. Partido, no que os nosos buscarán aumentar o pleno de vitorias unha xornada máis.

Benxamís

UD Ourense – CD Allariz (Sábado, 19:00 Colexio Miraflores)

Os benxamís, que contan os seus 3 encontros por derrotas, afrontan unha nova xornada na procura dos primeiros puntos da tempada. Os vermellos reciben a un Allariz inmerso na mesma situación e que todavía non sumou ningún punto nos catro partidos que desputaron. Oportunidade de ouro para os nosos de escapar da parte baixa da táboa.

UD Ourense “B” – CF Monforte (Sábado, 18:00 Colexio Miraflores)

Terceira xornada a que desputan o noso benxamín “B”. Tras acadar a primeira vitoria do curso a domicilio fronte o CP Calasancio “B” por 2-5, chega o turno de voltar a xogar na casa e recibir a otro equipo das terras de Lemos, o CF Monforte, que colidera a táboa xunto co Rúa con 6 puntos. Partido complicado para os nosos, pero no que buscarán unha nova vitoria.

Prebenxamís

UD Ourense – CD Velle (Sábado, 18:00 Colexio Miraflores)

O noso prebenxamín volta a competición trala súa contudente vitoria do pasado fin de semana fronta a ED Ourense “B”, a que superaron por 0-9. Agora tócalle o turno o Velle, que visita o Colexio Miraflores o sábado a partir das 6 da tarde. Os visitantes chegan o encontro con 4 puntos e tras acadar a súa primeira vitoria do curso fronte o Ribeiro. Partido de poder a poder cun punto de separación na táboa.

UD Ourense “B”

Descansa esta xornada