Resumo da xornada festiva para #ANosaBase

con No hay comentarios

Xornada copeira para os nosos equipos de base, aproveitando a festividade de Tódolos Santos. Vitoria do conxunto xuvenil, namentras que cadetes e infantís caeron derrotados. Os alevís e benxamís desputaron catro partidos copeiros de formato liguilla, con resultados dispares para ambos e dos que saiu máis reforzado o cadro alevín na táboa.

Xuvenís

UD Ourense 7-0 CF Monforte

Contundente vitoria do conxunto xuvenil que dirixe Agustín no seu envite copeiro. Os vermellos non deron opción o seu rival e xogaron un partido moi serio. No minuto 4, Enrique adiantaba os locais e antes do descanso Enrique, novamente, e Nico puñan terra de por medio. Xa na segunda metade chegarían 4 novos tantos. Enrique firmaba o hattrick e Alberto, Manolo e Miguel completaban a goleada. Desta forma, os vermellos acceden a cuartos de final e suman unha nova goleada na Copa, na que todavía non encaixaron ningún tanto.

Cadetes

CD Allariz 8-1 UD Ourense “B”

Mal resultado para o cadete “B” na ida da Copa Deputación, na que terá que remontar 7 goles en contra no partido de volta en Miraflores. O Allariz non deu opción os pupilos de Luis González, que foron a remolque dende o pitido inicial e o descanso xa caían por 4 tantos a 0. Donovan fixo o tanto da honra na segunda metade, pero os vermellos acabaron sucumbindo con 4 novos tantos do cadro alaricano. Os nosos precisan de un 7-0 na volta para meterse en cuartos de final.

Infantís

UD Ourense 2-3 Pabellón Promesas

Partido cheo de emoción e moi desputado o que se viviu en Miraflores na ida dos cuartos de final da Copa. Os vermellos caeron diante do Pabellón Promesas, pero gozaron de ocasións para levar un resultado máis xusto. Un tanto de Gabri en propia porta adiantou os visitantes, pero Marcos devolvía a igualada antes do descanso dende os 11 metros. Na segunda metade, o conxunto pabellonista anotaría dous novos tantos e Marcos recurtaría diferenzas a 4 minutos para o final. Os de Bruno Gómez tiveron opcións para anotar algún tanto máis, pero deberán remontar o encontro nos Remedios, se queren acceder as semifinais.

Alevís

Xornada copeira para os nosos alevís, que desputaron no estadio de O Marco na Peroxa e na que xogaron 4 encontros que se saldaron cunha derrota, un empate e dúas vitorias, o que permite os vermellos sumar 7 puntos de 12 posibles. Desta forma, os nosos comandan a táboa, empatados a puntos ca ED Ourense e a falta de 2 encontros por desputar fronte a Arrabaldo e Ribeiro. Boas sensacións e grandes resultados os acadados. Salientar que a derrota prodúxose pola mínima, no primeiro encontro da xornada.

EDC Barbadás 2-1 UD Ourense

CD La Purísima 2-5 UD Ourense

UD Ourense 2-0 CP Calasancio

ED Ourense 2-2 UD Ourense

Benxamís

O noso conxunto benxamín desputou onte os seus partidos da fase de grupos da Copa Deputación, que se xoga en formato de liguilla e que se desputa no estadio de Os Carrís. Os nosos acadaron dúas vitorias e dúas derrotas en catro partidos desputados. Desta forma suman 6 puntos de 12 posibles, a falta de xogar 2 encontros máis para o remate da fase regular. Boa imaxe a amosada polos nosos benxamís e moita desputa nos encontros, que se resolveron pola mínima.

UD Ourense 0-1 Ourense CF

EDC Barbadás 1-2 UD Ourense

UD Ourense 3-2 CP Calasancio

Pabellón Promesas 2-0 UD Ourense