Torre SD – UD Ourense: Oportunidade de ouro lonxe da casa

con No hay comentarios

A UD Ourense rende visita o Torre, nun partido no que as de Rubén García pretenden voltar a sumar 3 novos puntos e recurtar distancias ca zona alta. Moitas baixas e tan só 15 convocadas.

A goleada da pasada semana fronte o Boiro foi unha pizca de luz nuns instantes moi negros no plano deportivo do conxunto feminino. Tras varias lesións importantes e a pérdida de puntos por erros puntuais, chegou un punto de inflexión en forma de goleada, que permitiu as vermellas recuperar sensacións e reatoparse cunha vitoria balsámica.

Agora toca refrendar o vencido e voltar a loitar por 3 puntos ante un rival que non o puxo doado a pasada tempada, pero que nesta non marcha nada ben na clasificación. As coruñesas son décimoterceiras con 7 puntos, 3 por riba dos postos de descenso. O mal inicio de tempada, con 4 derrotas consecutivas, lastrou moito o traballo dun equipo chamado a cotas más altas.

Na actualidade, o conxunto coruñés ven de vencer no campo do Milagrosa por 2-3 e acadou varios resultados positivos coma un empate a domicilio fronte o Sardoma “B” ou unha vitoria tamén fora fronte o SD O Val. Coma locais, nos catro encontros desputados, todavía non foron capaces de sumar un só punto, contando todos os seus encontros por derrota (1-4 fronte o Tordoia, 0-4 Deportivo “B”, 1-2 Victoria CF “B” e 1-2 Victoria FC “B”). O bagaxe goleador é de 13 goles a favor por 23 en contra, cun resultado final negativo neste apartado. Equipo que encaixa moito, pero que salvo en dous partidos, veu porta sempre.

O Ourense viaxa a terras herculinas con moitas baixas. Moni, Celia e Zaira non serán da partida por lesión. Tampouco viaxan Hele e Pacy, por motivos laborais. Lucía e Feijoo tampouco serán da partida. O técnico recupera para este encontro a Dana e Noe, dúas xogadoras claves e que se perderan anteriores envites. No caso da segunda, volta a defender a meta tras varias xornadas no dique seco. O técnico deu a coñecer as súas convocadas: Noe, Paula, María, Lo, Andrea, Jani, Silvia, Dana, Sofía, Nerea, Laura, Aldara, Aída, Cris e Emma. Un total de 15 rapazas en busca de un obxetivo, a vitoria a domicilio.