A afección da UD Ourense premiada pola FUTGAL

con No hay comentarios

A afección da UD Ourense premiada coa mención especial da Federación Galega de Fútbol a «Mellor afección». Os siareiros vermellos recibirán o premio o vindeiro venres, 29 de xuño a partires das 20:00 horas na Gala do Fútbol Galego 2018. Haberá autobuses a disposición dos afeccionados que desexen acudir.

Os éxitos proseguen para a familia ourensanista. Tras acadar o título de Liga e ansiado ascenso a Terceira División e trala conquista posterior do título de Copa Deputación, un novo recoñecemento recae no ourensanismo. A Federación Galega concederá a afección da UD Ourense a mención especial a «Mellor afección» na Gala do Fútbol Galego, que organiza a federación o vindeiiro venres, 29 de xuño, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, a partir das 20:00 horas.

A Federación convidou aos siareiros da UD Ourense e a súa directiva a acudir o 29 de xuño a Santiago, para recoller este galardón. Unha distinción outorgada por unanimidade pola Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol, tras unha moción presentada polo presidente, Rafael Louzán. A fidelidade ao club, o elevado número de siareiros e o comportamento deportivo, son os méritos nos que a FUTGAL se basa para outorgar esta mención. A afección ourensá fíxose notar ao longo de todo ano en todas as bancadas da Preferente e da Copa Deputación, onde sempre foron maioría, primando a deportividade e xestos coma o do encontro de Atios, cando os nosos siareiros remataron a berros de «Atios, Atios», dirixíndose cara a bancada local, que agradeceu o xesto.

A disposición de todos aqueles que o desexen, estarán dous autobuses, que sairán do estadio de O Couto o venres 29 as 18:30 horas e que regreserán trala celebración da Gala ao mesmo lugar. Os que desexen acudir, deberán pasar polas oficinas de O Couto para reservar a súa praza.

¡NORABOA AFECCIÓN! ¡SOMOS AQUILO NO QUE CREEMOS!