Tres derbis provinciais e a visita de Compos e Ferrol, datas marcadas no calendario
O vindeiro 26 de agosto comeza a rodar o balón na Terceira Galega e a UD Ourense debutará na categoría no campo da Senra fronte ao CD Ribadumia.
Este ano o equipo vermello disputará 3 derbis provinciais no Estadio do Couto. O 9 de setembro, na terceira xornada, chegará o primeiro enfrontamento en liga entre o Ourense CF e a UD Ourense, actuando os de Currás como visitantes. O 3 de febreiro repetirase o choque, pero esta vez será o equivo vermello o anfitrión. Non será ata o 21 de abril cando o Barco rinda visita.
O calendario depara outras citas que de seguro despertarán o interese da afección ourensanista que vivirá con gran espectación o regreso ao Couto da SD Compostela e o Racing de Ferrol, o 17 e 31 de marzo respectivamente. Os de Santiago xogaron ante a aficción vermella por última vez o 25 de agosto de 2013 no que foi o partido inaugural da última tempada do cadro vermello na 2ªB con resultado de 1-0 para os locais, namentres que os ferroláns voltarán cinco anos e medio despois daquel 8 de setembro de 2013 no que se impuxeron por 1-2. En ambos partidos o tanto local fora obra de Iker Alegre. Como nota curiosa, o azar quixo que ao igual que naquela tempada a visita destes dous equipos se produza en xornadas consecutivas no Couto e no mesmo orden.
Tamén cabe destacar a visita a San Lázaro o 21 de outubro e A Malata o 4 de novembro.
Se nos fixamos nos tramos do campionato que, sobre o papel, resultarán determinantes para as aspiracións dos unionistas podemos destacar a sucesión encontros frente a Compostela, Arosa, Ferrol, Bergantiños, Porriño e Barco, que terá lugar entre o 21 de outubro e o 25 de novembro na primeira volta e entre o 17 de marzo e o 21 de abril na segunda.
O último partido da tempada será fronte ao Racing Club Vilalbés no campo Municipal da Madalena.