A unión fai a forza

con No hay comentarios

Reunidos na sala de prensa do Pazo dos Deportes Paco Paz, esta mañá, os presidentes do Rio Ourense Termal, Unión Deportiva Ourense y Escudería/Rallye de Ourense posaron ante os medios de comunicación para analizar a situación actual do deporte ourensán e a realidade dun apoio institucional que todos eles calificaron como “insuficiente”. 

Na comparecencia, Camilo Álvarez, Modesto García e Julio Bouzo fixeron hincapé no que por primeira vez, as tres entidades máis representativas de Ourense se unen para reiterar ante as institucións o reclamo dun maior apoio para que os proxectos poidan continuar no tempo e competir con outras cidades onde as instituciones sí responden de maneira lóxica ao que as súas afeccións e clubes demandan. Os tres representantes coincidiron en que os resultados deportivos, afluencia de público e boas xestións deben ser valoradas, algo que na cidade de Ourense hoxe en día, de momento, non está sucedendo.
De maneira individual, Julio Bouzo destacou que “ningún dos presentes temos cores políticas, e o único que pedimos é un pouco de xustiza do mesmo xeito que sucede noutras cidades galegas. Ademais, non pedimos só para nós tres, senón que o facemos para mellorar as condicións do abanico de clubs da nosa cidade?. Xunto a iso, Xullo destacou: “Temos un orzamento próximo aos 200.000 euros, e conseguir iso nunha cidade como Ourense é moi complicado. Segundo un estudo da Universidade de Vigo, por cada euro investido retornan en diñeiro dez, polo que evidentemente somos rendibles”.
De igual forma, Camilo Álvarez comentou da misma forma: “Necesitamos que as institucións nos apoien un pouquiño máis e ver iso reflectido nun pequeño incremento orzamentario. Penalizan ó noso equipo profesional cando é o reflexo da canteira, que ten un equipo EBA competindo a nivel nacional e un equipo junior que alcanzou por segundo ano o Campionato de España. Nada diso se valora, e hoxe en día temos que pagar unha débeda de 55.000 euros coa Federación Española para poder pechar o ano. Por parte do Concello de Ourense, este ano correspóndenos unha subvención competitiva, que cobraremos en decembro e en loita contra os demais clubes de Ourense. Non sabemos con canto contaremos, pero polo de pronto, o diñeiro deste ano imos ter que adiantalo unha vez máis para conseguir pechar o curso”.
Sobre problemas de similar índole tamén falou Modesto García, que resaltou: “Os tres que estamos hoxe aquí temos masa social, e iso é o que cremos que deberían ver quen están nas institucións e no poder político, pois é o que queren os cidadáns. Ademais, está claro, que as referencias que son os tres é clave para fomentar o deporte de base, para que os nenos teñan unha guía e algo no que fixarse. Estamos aquí porque precisamos algo máis para competir con outros. Agora mesmo tan só o 13% do noso orzamento son axudas. Outro tema grave é o das instalacións: este ano recibimos 16.200 euros de parte do Concello de Ourense e pagamos 20.000 euros en instalacións privadas para que os nosos 300 nenos poidan adestrar. Cremos que as institucións teñen que involucrarse algo máis para que Ourense como cidade e provincia poida competir a nivel nacional. Sempre hai solucións, senón non se entende como en  Lugo ou Huesca hai apoio e aquí non”.