Todos os abonos inclúen a entrada libre a todos os partidos de liga e o memorial CD Ourense na bancada correspondente (Tribuna/Preferencia).
Abono Xeral (90 € / 60 €): Para maiores de 25 anos (nad@s antes do 01/07/1994)
Abono Especial (110 € / 80 €): Inclúe camisola oficial e e 10% de desconto en todo o merchandising.
Abono Sentimento (150 €): Inclúe camisola oficial e e 10% de desconto en todo o merchandising.
Abono Familiar (150 € / 110 €): Para matrimonios. Abono Xeral para ambos cónxuxes. Poderán obter abonos para fill@s menores de 26 anos ao prezo especial de 20 € en tribuna e 10 € en preferencia.
Abono Xoven (40 € / 20 €): Para xóvenes entre 16 e 25 anos (nad@s entre o 01/07/1994 e o 30/06/2004)
Abono Discapacitad@s (35 € / 20 €): Para persoas cun grao de discapacidade superior ao 65%.
Abono Desempregad@s (45 € / 30 €): Para persoas en situación de desemprego.
Carné Menor (5 €): Para nen@s menores de 16 anos que desexen ter o seu propio carné (nad@s a partir do 01/07/2004)
Carné Amigo (30 €): Para persoas que queren colaborar co club, pero non pode asistir asiduamente aos partidos. Entrada para os dous partidos de liga que escolla e 10% de desconto en todo o merchandising.
Sementa un/unha nov@ abonad@
As persoas que foran abonadas a pasada tempada e renoven nesta, teñen a posibilidade de adquirir carnés para novas persoas abonadas (que non fosen abonadas na campaña 2018/2019) cun desconto de de 30 € nos carnés de tribuna ou 20 € nos de preferencia. Para optar a este desconto na tenda online débese introducir o código de cupón SEMOURTRI, se o novo abono é de tribuna, ou SEMOURPRE no caso de que sexa de preferencia. Nas notas do pedido deberase indicar o número de carné e o nome e apelidos da persoa abonada da pasada tempada que dá dereito ao desconto.