Victoria ourensanista por 0-3 diante do ACD Polígono. Omar, Alfredo e Unai foron os autores dos tantos. Boa imaxe a ofrecida polo equipo que onte dirixiu Nacho Currás.
Seguen as probas de cara o inicio de tempada e onte tocou dividir o equipo en dous para a desputa dos dous compromisos amigables do día. Un desputouse no campo de O Marco en A Peroxa e o outro no Antonio González, co Polígono como adversario.
Nacho Currás comandou a expedición a territorio industrial. O encontro comezou ben para os intereses dos ourensáns, xa que na primeira aproximación do encontro, Omar anotaba o primeiro tanto cun remate dende a frontal da área, que se colaba na meta rival.
Dominaba o coiro a UD Ourense, namentras o Polígono buscaba as súas á contra, pero sen xerar excesivo perigo. Alfredo anotaría o segundo gol nunha execución maxistral de falta directa no minuto 15. A posesión era vermella e as ocasións sucedíanse, aínda que o cancerbeiro industrial mostrouse moi seguro, primeiro detendo un disparo lonxano de Rubén Durán e antes do descanso desbaratando unha boa internada do canteirán Pousa.
O Polígono saiu moi metido no inicio da segunda metade, pero topouse co terceiro tanto do conxunto dirixido neste encontro por Nacho Currás. Trenzaban os ourensáns e Rubén Durán vía a apertura de Codeso, que se internaba ó ataque pola banda. O coiro chegáballe o celanovés, que centraba ó corazón da área para que Unai anotase a pracer.
Os locais fixeron intervir a Pato en varias ocasións e deron un paso adiante na procura do seu gol. Ata tres ocasións desperdiciu o Polígono para bater ó cancerbeiro uruguayo. Os cambios non trocaron o sino do encontro e a UD Ourense seguiu dominando ata o final.
Agradecemos a toda a familia do Polígono a súa invitación para participar con eles neste amigable e desexámoslle moita sorte na nova tempada que se achega.