Agradecemento a Antonio Dacosta

con No hay comentarios

Remata a nosa primeira etapa da historia coa despedida das categorías rexionais e con ela realízase o primeiro troco na dirección deportiva do primeiro equipo. Nesta publicación queremos recoñecer o traballo e a dificil labor que iniciou dende o banco o noso primeiro adestrador da nosa recente historia.

Alá polo caluroso verán do ano 2014, cando afección Ourensanista estaba a reunirse nas bancadas do Estadio do Couto co fin de crear un novo Ourense, cando todo estaba por facer e todo se estaba a iniciar, dende ise mesmo lugar, unha persoa ergueu a man e dixo: «Eu comprométome a entrenar a ese equipo«, esa persoa era Antonio Dacosta Iglesias.

 

Antonio Dacosta permaneceu no extinto CD.Ourense durante 14 anos, nel desenvolveu diferentes papeis: xogador, coordinador da base, entrenador do filial.., unha persoa que chegou á máxima categoria do fútbol profesional, xogando en equipos destacados coma: Burgos, Mallorca e Deportivo da Coruña. Con esa traxectoria e a experiencia adquirida no mundo do fútbol a nivel profesional decidiu adestrar a un equipo que partía de cero, que ninguén sabía ata onde chegaría e que tiña como obxetivo ascender ano a ano.

Con ese xesto amosou o seu sentimento Ourensanista e cos ollos pechados comezou a entrenar a UD.Ourense sendo así o primeiro adestrador da nosa historia. Despois de tres anos dirixindo o equipo nas categorías rexionais da nosa provincia os números son os seguintes:

  • T.14/15 Campión de 3ª Autonómica. 28 partidos xogados 28 partidos gañados.
  • T.15/16 Campión de 2ª Autonómica. Campión Copa Deputación B
  • T.16/17 Subcampión 1ª Autonómica.
  • Acada 3 ascensos consecutivos deixando ó equipo en Preferente Autonómica
  • Dirixe 111 partidos dos 115 do club. Faltou 4 por baixa médica.
  • 92 victorias (83% dos partidos), 8 empates e 11 derrotas.
  • 405 goles a favor nos 111 partidos (unha media de 3,65 por partido).
Actualmente forma parte da Comisión Deportiva do club e seguirá ligado ao primeiro equipo como adestrador de porteiros.
Por todo elo queremos destacar, recoñecer e agradecer a súa profesionalidade e todo o seu traballo realizado durante estes 3 anos.