Agradecemento ó noso Secretario

con No hay comentarios

Rubén Conde Martínez converteuse no primeiro Secretario da historia do clube, e na pasada Asamblea puxo fin ó seu magnífico traballo que realizou durante os 3 primeiros anos de vida da UD. Ourense, sendo tamén, a primeira baixa da actual Directiva.

Todos os agradecementos son poucos para o noso compañeiro Rubén.

Alá polo verao do ano 2014, Rubén como representante da Peña Cambeo era un dos compoñentes da Plataforma SOS CD.Ourense, que despois derivaría na actual Directiva. Xunto a outros compañeiros, foi un dos pioneiros na creación do modelo de clube de Accionariado Popular para un novo Ourense e así se reflexou nos estatutos do club.

Polas súas características, pola súa formación e empatía, foi nomeado como Secretario polos membros que formarían a primeira directiva do club. O seu traballo non quedou ahí xa que, as tarefas a levar a cabo nun club que emerxeu de cero fixeron polifacéticas as labores de cada un, polo que Rubén tamén levou de xeito destacado a atención dos nosos bares, xunto a outro compañeiro.

Por todo elo, queremos destacar dende esta publicación todo o aportado por Rubén para o nacemento da Unión Deportiva Ourense e así coma todo o seu traballo e tempo adicado para que cada día este club fora un pouco millor.

Non dubidamos de que sempre nos botará unha mao e estará ahí para o que o club precise, porque Rubén é #UN DOS NOSOS.

De novo impresionante traballo e Moitas grazas Rubén!!