Alertanavia 3-3 UD Ourense: Un punto que sabe a pouco

con No hay comentarios

A UD Ourense empata en Navia, nun encontro no que mereceu máis logo do asedio durante varias fases do encontro. Adiantáronse os locais, pero un tanto de Alfredo e outro en propia porta permitiron os vermellos darlle a volta o marcador. Dous novos tantos do Alertanavia fixeron que Bruno tivese que anotar a igualada. Penalti en contra moi riguroso e gol mal anulado os nosos, xunto con dous disparos o pau priváronos dun mellor resultado.

O fútbol as veces resulta caprichoso e hoxe a UD Ourense tocoulle vivir ese capítulo. Os ourensáns foron superiores o seu rival durante moitas fases do encontro, pero topáronse con varias xogadas clave, que acabaron sendo decisivas. As imprecisións en defensa pagáronse caras e os locais amosaron a súa pegada aproveitando as poucas ocasións das que gozaron. O árbitro tampouco tivo o seu millor día, cun tanto mal anulado por fora de xogo inexistente os nosos e posteriormente cun penalti riguroso, deses que custa sinalar e que ata o propio trencilla tardou en marcar.

Arrancou o choque con dominio dos nosos, que a pesar das dimensións do campo e do céspede artificial, tentaron impoñer o seu xogo. A primeira do encontro chegou nun centro lateral de Joni, o que Josu non chegou por pouco. Levaban a iniciativa os vermellos, que buscaban a portería contraria. Pouco despois chegou unha nova ocasión manifesta. Tras dous saques de curruncho seguidos, Durán botou o terceiro, o balón pechouse e tocou no pao, pero saindo rebotado hacia fora. O mediapunta a piques estivo de facer outro tanto similar o de Alfredo a pasada semana.

Cando millor estaban os nosos, chegou o tanto dos locais. Pibis roubaba un balón tras unha imprecisión da defensa e disparaba algo escorado dende a frontal. O balón botaba e despistaba a Pato, que nada podía facer para atallar o coiro.

A resposta non se fixo esperar e 3 minutos despois chegaba o empate, cunha gran xogada de Alfredo, que rompía o seu marcador e axustaba o disparo o pau, facendo imposible a estirada do gardamallas. Eran os nosos millores minutos nesta primeira metade e todavía veríamos máis ocasións. O propio Alfredo recibía un balón en banda, marchaba de dous rivais e centraba o área, un pase hacia atrás que conectaba Luis para enviar o fondo da rede. Cando os nosos celebraban, chegaba a sorpresa, co linier levantando a bandeira para incredulidade dos máis de 200 ourensanistas das bancadas, que non podían crer que nesa xogada se anulase un tanto.

Seguían marcando os de Currás o ritmo do encontro e chegaría o segundo tanto da tarde. López retrasa un balón cara o porteiro Boiro, pero este non está atento e ante a potencia do pase, o coiro acaba entrando na rede. Erro do Alertanavia que se saldaba cun tanto en contra. Gran presión de Hugo na saída, que fixo que o zagueiro se puxese nervioso.

Seguía o asedio dos nosos. Alfredo volvía a probar sorte dende o curruncho e a piques estuvo de volver a anotar un tanto olímpico, pero Boiro despexaba. Hugo probaba sorte cun disparo dende fora, pero o coiro marchaba desviado. O dominio era total e todo facía presaxiar unha vitoria o descanso, pero chegou unha nova xogada polémica. Un xogador do AlertaNavia adentrábase na área e forcexeaba cun dos nosos zagueiros, caendo o chan nunha xogada limpa. O árbitro quedaba mirando e despois de varios segundos decretaba penalti. Javi non erraba e devolvía a igualdade dende os 11 metros.

A segunda metade arrincaba cos nosos novamente dominando, pero os 10 minutos unha contra pola banda dereita, cando Josu subía o ataque, remataba cun novo tanto de Javi, que voltaba a poñer os de Navia por diante. A partir de entonces comezou o asedio ourensán, con algunha contra dos locais con perigo.

Adrián, que sustituía a un Hugo que se desfondara na presión os zagueiros rivais, disparaba o longueiro nunha clara ocasión para anotar o tanto do empate. Transcorrían os minutos e xusto cando entrábamos nos 20 minutos, Bruno anotaba cun disparo dende o lado dereito do ataque e devolvía a igualdade.

Ruxía a afección ourensanista, que non deixou de animar en todo momento e que se fixo notar máis que a local. Máis de 200 afeccionados poblando as bancadas e o berro de «Ourense Ourense» espoleaban os nosos en busca do tanto da vitoria. O asedio era xa total, pero os centros non atopaban rematador, os remates marchaban fora e gol non daba chegado.

Tivoa Alfredo a 4 minutos para o final cunha preciosa vaselina sobre o meta, pero o coiro marchaba desviado por milímetros por encima do longueiro. Ata o desconto, tentárono os nosos, que buscaron xa colgar balóns, pero sen sorte. O final empate que sabe a pouco nun encontro nos que os ourensáns mereceron millor fortuna. Agora a pensar no Atlético Marcón, que visita O Couto o próximo domingo.

 CP.ALERTANAVIA - UD.OURENSE