A UD Ourense busca a quinta vitoria consecutiva da tempada no Manuel Pahíño, no barrio vigués de Navia, diante dun rival cun terreo de xogo artificial e que non favorece o estilo de xogo dos de Fernando Currás. O técnico poderá contar para esta cita con case todos os seus efectivos, agás Oli, que segue sen entrar na convocatoria.
Nova saída para a UD Ourense e novo rival cun hándicap adicional para os vermellos, novamente o terreo de xogo, algo que será habitual nos partidos a domicilio esta tempada. Acostumados a campos de grandes dimensións e de céspede natural, toca visitar o Manuel Pahíño, un campo cunhas dimensións pequenas, similar o de Valladares e que ademáis conta con céspede artificial, algo que carga en exceso as pernas dos xogadores.
Coa lección aprendida do primeiro encontro ligueiro e sabedores de que os encontros a domicilio son vitais tamén para lograr ese ansiado ascenso, toca visitar o Alertanavia, equipo con experiencia na categoría e que se está convertendo nun referente polo seu bo traballo de base. Os vigueses contan ata agora con 7 puntos no seu caseleiro, logo de sumar 2 vitorias e un empate, ademáis de 2 tropezos. Coma locais empataron 0-0 co Erizana e impuxéronse por 2-1 o Atios.
O conxunto dirixido por Miguel Ángel Domínguez Formoso afronta unha nova tempada na Preferente. Conxunto aguerrido e con experiencia, na que se mezclan grandes pizcas de xuventude de xogadores chegados da canteira. Non en vano, trátase dun plantel cun media de idade bastante baixa, pero de xogadores que xa se curtiron na categoría. Destaca o seu dianteiro Miguel Freijeiro, que suma xa 2 goles nesta tempada, nun conxunto no que todos aportan a esa faceta. Atentos haberá que estar a outros nomes coma o centrocampista Carlos Alonso «Totti» ou o defensa Mario Rodríguez.
Con respecto o conxunto dirixido por Fernando Currás, poucas novidades co encontro do pasado fin de semana diante do Beluso. O técnico recupera para esta cita a Germán, que se perdeu o último encontro por molestias. Oli segue sen entrar na convocatoria, xa que todavía non esta 0 100% e Aitor tampouco viaxa por motivos laborais. Xurxo, Carlitos, Tito Currás e Omar non entran na listaxe de convocados.
Os vermellos teñen claro que deberán cambiar o seu estilo de xogo e adaptarse a un terreo que non facilita o seu fútbol de toque, con posesións longas, nin tampouco con ataques con moitos efectivos sumándose as tarefas ofensivas. Apostarán por un fútbol máis directo co que intentar sacar tallada e deberán vixilar as contras e as xogadas de estratexia, nas que ata agora están sacando ventaxa os rivais.
Currás deu a coñecer a convocatoria para o encontro na que entran os seguintes xogadores: Pato Guillén, Samuel, Josu, Codeso, Pablo Corzo, Germán, Julio Martínez, Bruno, Luis González, Fran Martínez, Rubén Durán, Joni, Alfredo, Unai, Hugo García e Adrián.