Damos a coñecer as novas do noso equipo feminino de cara a vindeira tempada, que se presenta moi ilusionante e atractiva, con moitas ganas do seu comezo por parte da afección.
Rubén García será unha tempada mais o técnico do equipo
RENOVACIÓNS
A nosa capitana «Paci» continuará comandando o centro da zaga por terceiro ano consecutivo.
Unha renovación de auténtico luxo para o club e que nos enche de ledicia, pola súa calidade dentro e fora do campo.
Aida, Dana, Lo e María Feijoo, novas fichaxes a tempada pasada, continuarán tamén unha tempada mais.
- Aida, sendo unha das xogadoras mais novas, converteuse nunha peza fundamental dentro do plantel. A tempada pasada comezou de menos a mais, aproveitando as súas oportunidades e ramatando a tempada nunha forma formidable, xogando xa no 11 titular.
- Dana, foi unha das xogadoras que disfrutou de mais minutos ó longo da tempada, sendo unhas das fixas no 11 titular. Ademais de dispoñer dunha calidade espectacular é o cerebro do equipo no medio campo, dando bo trato o balón e facendo xogar as súas compañeiras.
- Lo, Adaptouse xenial ao equipo e forma xunto a Paci a parella de centrais. Ambas conforman o complemento perfecto para a nosa zaga sendo unha dupla infranqueable para o ataque rival, dándolle ademais, criterio e saída ó balón dende atrás.
- María Feijoo, foi a última incorporación da tempada pasada. A pesar de que veu do fútbol sala, adaptouse moi ben as novas dimensións do terreo. Debutou e puido amosar o potencial que ten dentro, e esta tempada terá a opción de amosar con moitos mais minutos.
FICHAXES
Nome e Apelidos: Sofía González López
Nacemento: Ourense
Idade: 26 anos
Club procedencia: Cidade das Burgas FS
Nome e Apelidos: Nerea Rodríguez Gil
Nacemento: Chantada
Idade: 14 anos
Club procedencia: Chantada
Duaus boas incorporacións chegan á nosa entidade, e aproveitamos a ocasión para darlles a benvida e desaxarlles o mellor na casa Ourensanista.
En breves comunicaremos mais novidades acerca do Equipo Feminino. Estar atent@s!