Se o vindeiro domingo gañamos ao Velle no Couto seremos matemáticamente equipo de Preferente Autonómica. Só nos separan tres puntos do gran obxectivo desta tempada.
Para chegar a esta situación houbo que sufrir moito no campo da Moreira, en Xinzo de Limia. O Antela vendeu moi cara a súa pel e custou moito sumar os tres puntos.
O primeiro tempo non rexistrou apenas ocasións claras de gol. Os dous equipos empregáronse a fondo no medio campo e pisaron pouco as áreas. A boa presión do Antela dificultou o xogo ourensanista e apenas pasaron apuros. A ocasión máis clara foi para os locais. No minuto 26, e tras unha rápida contra, Jony enviou ao longueiro o seu disparo. O máis salientable por parte ourensanista foi un gol anulado por fóra de xogo a Unai no minuto 42. Laiar a lesión de Senén, que se retirou do terreo de xogo á media hora de partido.
Na continuación, segundo ía avanzando o partido, o dominio ourensanista foise incrementando. Pouco a pouco as ocasións comezaron a rondar a porta de Álex e no minuto 69 chegou o gol de Fran Martínez, que de disparo cruzado superou ao porteiro local.
Despois do gol o Ourense dispuxo de varias ocasións para sentenzar o partido. Adrián, Fran Martínez e Hugo non atinaron e tocou sufrir nos derradeiros minutos do partido. O Antela buscou o empate e tivo unha gran ocasión no último minuto pero o balón estrelouse no pao da portería defendida por Lucas Sierra.
Así se chegou ao final. Tres novos puntos que xa deixan o ascenso a tiro de pedra despois da derrota do Velle ante o Taboadela. Agora só queda certificar o ascenso o vindeiro domingo no noso estadio. Felicitar ao Bande que xa conqueriu o ascenso despois de gañar ao Ribeiro por 3-2 no Outeiro.
Fotos: Yedra Seara
Resumo do partido:
One Response
O ascenso a unha vitoria tras gañar ao Antela (0-1) - Ourense Deportivo
[…] entrada O ascenso a unha vitoria tras gañar ao Antela (0-1) aparece primero en Unión Deportiva […]