A UD Ourense planta cara en Arousa, pero sucumbe ante o Arousana, nun encontro no que mereceu moito máis. As decisións do colexiado claves na derrota vermella.
Comentaba o técnico Rubén García nunha entrevista a pasada semana que os colexiados da Primeira Femenina Galega deberían ser doutra provincia e non podía estar máis acertado. As suas pupilas sucumbiron en Arousa por culpa das decisións dun árbitro que non decretou dous claros penaltis a favor das vermellas e concedeu un gol o rival que non debeu subir o marcador. A elo sumouse a permisividade co conxunto local, que fixo unhas 40 faltas sen recibir o castigo pertinente en forma de tarxetas.
As ourensás amosaron un gran nivel, competindo contra un rival ata agora invicto o que non so prantaron cara, senón que superaron durante moitos momentos do encontro. As vermellas sairon a por todas dende o primeiro momento e gozaron de boas ocasións para levarse a contenda. Adiantáronse as locais cun tanto de Carla os 9 minutos de xogo.
A pesares do gol, o Ourense non perdeu a boa cara e ainiciativa e comezou a chegar con perigo e xerar ocasións, especialmente nas botas de Dana. As locais comezaron entón cun xogo máis duro, de faltas constantes para cortar o ritmo do partido. Jani foi derribada na área cando se achegaba con perigo a porterçia, pero o colexiado decidiu mirar para outro lado.
Cando o dominio era máis intenso, chegou o segundo tanto das arousanas, por mediación de Mirian. Tanto, por certo, psicolóxico o producirse un minuto antes do descanso.
Trala reanudación, seguiría o escándalo arbitral. As faltas eran continuas, pero as tarxetas seguían sen aparecer para desesperación do cadro ourensano. Mirian facía o terceiro para as locais nunha xogada na que o coiro controlouno ca man e as xogadoras pararon, pero o colexiado obviouna e o tanto subiu o marcador. As nosas seguían, a pesares de todo, buscando a meta rival. Nunha nova xogada, Jani voltaba ser derribada no área, pero o colexiado volvía a obviar un penalti clamoroso para desesperación da xogadora, a que o técnico decidiu sustituir para evitar que lle amosaran tarxeta.
O técnico deu entrada entón as xogadoras máis xóvenes, que non se amilanaron e foron a polo partido. Dana era derribada nunha ocasión manifesta de gol e o colexiado non decretaba a tarxeta vermella o rival. Chegaron entón os tantos vermellos, por mediación de Laura e Zaira en dous minutos.
As unionistas metíanse de cheo no encontro, pero unha media saída de Noe deixaba o gol en bandexa. O quinto chegaría cas nosas volcadas en ataque e asediando a un rival que seguía facendo faltas sen recibir castigo.
En resumo, derrota nun encontro no que o protagonista foi o colexiado Alejo Sartages, que privou as nosas de puntuar ante un rival invicto e que non estivo a altura das expectativas. Alguen na federación debería tomar nota para que o fútbol feminino teña o mesmo respeto que o masculino e evitar este tipo de actuacións.