A UD Ourense visita A Lomba para enfrontarse o Atlético Arousana, segundo na táboa e invicto no que vai de Liga. As pupilas de Rubén García buscan de tres partidos consecutivos invictas.
Partido moi compricado o que ten a UD Ourense na mañá de hoxe. A partir das 12:00 horas o balón rodará en Vilagarcía de Arousa e enfrontaranse dous conxuntos chamados a estar na parte alta da táboa. O Atlético Arousana marcha segundo, a dous puntos do lider e todavía non sabe o que é perder esta tempada. As ourensás son sextas na táboa e tan só as lesións e algún despiste nun par de encontros, privanas de estar máis arriba na clasificación.
O Ourense tratará de sacar un bo resultado dun campo moi compricado para punturar. De 5 partidos que xogaron as arousanas no seu estadio, gañaron os 5. De feito, tan só o Victoria FC «B» foi capaz de facer cederlles puntos, cun empate a domicilio. As amarelas suman un total de 31 puntos de 33 posibles, con 46 goles a favor e 14 en contra, o que as convirten no conxunto máis goleador da categoría e no quinto que menos goles recibe.
Recén descendidas de categoría nacional, será o primeiro encontro oficial entre ambos clubes. As arousanas contan nas súas filas con dúas das máximas goleadoras ata o momento. Bárbara Sierra suma 17 goles, namentras que Mirian Señorans acumula un total de 10, sendo as dúas máximas realizadoras do campionato. Equipo con moito gol e que porá en xaque a nosa zaga.
Rubén contará para este partido cas baixas confirmadas de Moni, Aldara e Lucía lesionadas. Cris non pode viaxar por traballo e Hele, Paula e Silvia non serán da partida. O técnico citou para este encontro as seguintes xogadoras: Noe, María, Andrea, Celia, Pacy, Loh, Sofía, Dana, Aida, Nerea, Feijoo, Jani, Laura, Zaira e Emma.
A clave do encontro estará na zaga vermella, que deberá rendir o seu máximo nivel para evitar os goles locais e reducir o dano da capacidade ofensiva local. Cris con 4 tantos e Jani con outros tantos, son as máximas realizadoras do conxunto das Burgas e nas que se apoiarán as súas compañeiras para buscar o gol.