A aventura da Preferente arranca en Valladares

con No hay comentarios

A UD Ourense bota a rodar este domingo e faino diante dun histórico da Preferente Sur, o Valladares. A Gándara acollerá o primeiro partido oficial da historia dos ourensanistas fora da provincia.

A Preferente xa é unha realidade. Despois dunha extensa pretempada, marcada polos bois resultados e a gran imaxe amosada polos pupilos de Fernando Currás, chegou a hora da verdade. Mañá as 19:30 horas arranca unha nova andaina, esta vez en Preferente e por primeira vez na historia, saindo das nosas fronteiras en partido amigable.

A aventura comeza en terras viguesas, diante dun clube histórico, fundado en 1923 e asentado durante varias tempadas na categoría. A Gándara acollerá un partido histótico na curta vida do novo ourensanismo. Agárdase un desplazamento masivo dos nosos siareiros, que teñirán de cor o estadio vigués e tentarán levar os nosos a pola primeira victoria da tempada.

O rival preséntase como un equipo sólido e formado por un bloque, que xa leva varias tempadas xogando xuntos. Juan Davila afronta a súa terceira temporada no banquillo e faino con poucos reforzos, pero destacan a chegada de Vitti e Gonzalo Estévez, ambos con pasado no CD Arenteiro. No caso do dianteiro, trátase dun referente ofensivo o que se sumaron varios xogadores da canteira.

Sexta temporada do Valladares na Preferente Sur, no que tratará facer valer a súa condición de rival incómodo coma local e rascar malgúns puntos a domicilio. O obxetivo e pelear pola zona alta, algo que xa tentaron na última campaña e que sen dúbida volverán a probar nesta.

Os de Currás chegan a cita con todo o arsenal a disposición do técnico de Esgos. Joni, finalmente entrará na convocatoria, despois de coñecer que non terá que cumplir sanción, posto que os encontros de suspensión afectan a Copa Deputación. O técnico ten xa un once na cabeza, aínda que na previa do encontro salientaba a dificultade para elixir un esquema, debido a gran competencia que hai no clube.

Reseñar tamén o gran desprazamento que se agrada dende a cidade das Burgas. Moitos serán os siareiros vermellos que se deixen caer pola Gándara a presenciar un feito histórico, o primeiro encontro do ourensanismo fora de Ourense.