Axenda da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Volta o fútbol base como cada fin de semana e aquí deixámosvos os encontros dos nosos rapaces de cara a un novo fin de semana de fútbol. A emoción e o coiro xa se palpan no ambiente.

Xuvenís

EDC Barbadás – UD Ourense (Sábado, 11:45, Os Carrís)

Os xuvenís de Agustín renden visita o Barbadás, ca intención de seguir invictos unha xornada máis. Ata agora os vermellos suman 7 puntos e sitúanse na terceira plaza, empatados a puntos co Antela, que é segundo. Nova oportunidade para abrir oco ante un rival que en dúas xornadas tivo unha de cal e outra de area, pero que non o pora fácil, pois o seu obxetivo é tamén a desputa da fase de ascenso.

Cadetes

CP Calasancio – UD Ourense (Sábado 16:00, Os Escolapios)

Nova saída do conxunto cadete na súa desputa da liga autonómica. Neste caso toca render visita a Monforte para enfrontarse o CP Calasancio, histórico clube de base monfortino. Partido moi importante diante dun rival directo na loita pola permanencia e que todavía non estreou o seu caseleiro de puntos. Os nosos tratarán de sumar a primeira vitoria do curso, logo de 2 empates e unha derrota nos 3 partidos ligueiros.

UD Ourense “B” – CD Barco (Domingo 11:45, Colexio Miraflores)

O cadete «B» que dirixe Luis González afronta a súa 4 xornada ligueira. Os rapaces amosaron ata agora grandes maneiras, pero os puntos escapáronselles por erros nos últimos minutos ou xogadas puntuais. Nova oportunidade para sumar diante dun Barco que leva 3 puntos en dous encontros desputados e que a priori será dos conxuntos que peleen polos postos altos.

Infantís

UD Ourense – Pabellón «B» (Sábado 18:00, Colexio Miraflores)

Un dos partidos que sempre xeran expectación. Derbi da cidade no Colexio Miraflores. Os infantís dirixidos por Bruno desputaron ata a data 3 encontros, 2 deles copeiros e un ligueiro, saldándose os 3 con vitorias. Os vermellos tratarán de acadar un novo triunfo ante un dos rivais a batir na loita pola parte alta da táboa.

SD Valenzá – UD Ourense «B» (Sábado, 10:00, Os Carrís)

O noso filial infantil desputa o seu segundo partido ligueiro, despois de acadar a vitoria no seu primeiro compromiso da tempada o pasado fin de semana. Visita o Valenzá, equipo que todavía non desputou ningún encontro e que é toda unha incógnita. Os nosos tratarán de sumar 3 novos puntos para seguir nos postos de cabeza. Primeiro desplazamento a domicilio.

Alevís

A espera do inicio de competición os nosos tres conxuntos da categoría desputan tres encontros amigables de preparación cara a nova tempada, que arrincará as próximas semanas.

EDC Barbadás – UD Ourense (Domingo, 10:00, Os Carrís)

UD Ourense – SD Nogueira (Domingo, 10:30, Colexio Miraflores)

EDC Barbadás «C» – UD Ourense «C» (Domingo. 10:00, Os Carrís)

Benxamís

Os benxamís tamén seguen preparándose e o noso segundo equipo xoga partido amigable fronte o Nogueira.

UD Ourense «B» – SD Nogueira (Domingo, 10:30, Colexio Miraflores)

Ademáis, o noso Benxamín «A» e o prebenxamín desputarán a sexta edición do Memorial Manolo Carrera, que se desputa nas instalacións do CD Velle no Campo da Aira e no que participan máis de 32 equipos de toda Galicia.