Axenda da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Novo fin de semana para a canteira e fin de semana que chega con novidades, xa que os equipos de Fútbol 8 arrincan a competición, logo de varios encontros de pretempada. Os nosos equipos saltan o rodo para buscar vitorias para acadar os seus obxetivos.

Xuvenís

UD Ourense – SDC Arrabaldo (Domingo, 12:00, Colexio Miraflores)

O conxunto que dirixe Agustín Ruiz afronta unha nova xornada ligueira, neste caso a quinta, na que quere procurar seguir invicto e sumar unha nova vitoria coma locais. Os vermellos reciben no seu estadio o Arrabaldo, rival directo na loita polo playoff de ascenso a Liga galega e que chega tras acadar un 7-0 no seu último compromiso ligueiro. Os ourensáns chegan en boa forma, logo de 3 vitorias consecutivas.

Cadetes

UD Ourense – SD Portonovo (Sábado 16:00, Colexio Miraflores)

O conxunto cadete busca a súa primeira vitoria do curso, despois de acadar 3 empates e 1 derrota nas catro xornadas ligueiras desputadas ata o día de hoxe. Os vermellos recibe o Portonovo no eestadio do Colexio Miraflores. Rival directo na loita pola permanencia e que suma 1 punto en 4 encontros polo que se presume que poida ser un rival batible para sumar 3 puntos.

CD La Purísima – UD Ourense “B” (Sábado 18:30, Campus Universitario)

O segundo equipo cadete rende visita o sábado a un dos rivais da súa liga. O conxunto de Luis González busca a súa primeira vitoria do curso, despois de 3 derrotas e un empate. O rival chega o encontro cos mesmos puntos que os vermellos, pero cun partido menos, logo de sumar un único empate e acadar dúas derrotas máis. Partido, a priori, no que os nosos poden sumar os tres puntos.

Infantís

EDC Verín «B» – UD Ourense (Sábado 18:00, A Granxa)

Terceira xornada ligueira para o conxunto infaltil, que afronta un importante partido, despois de acadar unha derrota no último encontro ligueiro fronte o Pabellón. Os de Bruno Gómez queren retornar a senda do triunfo e visitan o filial do Verín, rival que leva os mesmos puntos e que na última xornada goleuo o Maceda por 8-1. Partido moi importante para sumar 3 novos puntos e auparse os postos de cabeza.

SDC Arrabaldo «B» – UD Ourense «B» (Suspendido)

O filial infantil dirixido por Jose Conde tería que desputar o terceiro encontro ligueiro, despois de dúas xornadas consecutivas gañando. Os vermellos descansarán, posto que o filial do Arrabaldo retirouse da competición por falta de nenos. Algo que lamentamos profundamente.

Alevís

Pabellón CF – UD Ourense (Sábado 13:00, Os Remedios)

Debut oficial do primeiro equipo alevín ante o coco da categoría. Derbi ourensán por todo alto para comezar a liga, nunha tempada na que os nosos teñen moitas ilusións postas nesta competición.

UD Ourense «B» – CD Velle «B» (Sábado 18:00, Colexio Miraflores)

O filial vermello arrinca a súa andadura na segunda alevín recibindo na casa o filial do CD Velle. Primeiro test oficial para ir facendo probaturas e primeira oportunidade para acadar a primeira vitoria do curso.

EDC Xinzo «B» – UD Ourense «C» (Sábado 10:30, A Moreira)

O terceiro conxunto de fútbol 8 alevín arrinca a liga a domicilio visitando Xinzo de Limia para medirse o equipo das escolas deportivas desta localidade.

Benxamís

Pabellón CF – UD Ourense (Sábado 10:00, Os Remedios)

O primeiro equipo ourensán de benxamís, o igual que o seu homólogo alevín, arrinca a tempada cun derbi fronte o Pabellón. Partido complicado, pero que seguro que nos deixa un gran espectáculo.

Descansa UD Ourense «B»

Prebenxamís

Descansa UD Ourense

UD Ourense «B» – CF Monforte (Domingo 10:45, Colexio Miraflores)

O filial prebenxamín arrinca tamén esta fin de semana cun partido na casa no que recibe o Monforte no seu campo.