O balón voltará a rodar esta fin de semana, aínda que algún dos equipos descansarán despois dos seus compromisos ligueiros no día de onte, que serviron para adiantar a xornada.
Xuvenís
CF Monforte «B» – UD Ourense (Sábado, 10:15 Os Escolapios)
O conxunto adestrado por Agustín Ruiz afronta a sexta xornada ligueira afrontando un encontro, a priori, cómodo para os intereses do conxunto vermello. A visita o Monforte parece asequible, o tratarse dun rival que conta todos os seus partidos por derrotas e que so suma un tanto a favor por 19 en contra, nos catro partidos que desputaron. Os nosos tratarán de reporse do traspés sufrido fronte o Arrabaldo, no que firmaron táboas 3-3. A este equipo, precisamente, superarono no día de onte en encontro copeiro, cun contudente 0-9.
Cadetes
UD Ourense – Porriño Industrial (Domingo, 12:00 Colexio Miraflores)
Os cadetes, que no festivo de onte acadaron a súa primeira vitoria da tempada o derrotar o Vila do Corpus a domicilio. Reciben no Colexio Miraflores o Porriño Industrial. Rival complicado, xa que suma os mesmos puntos ca os pupilos de Vilachá e Valderas, pero o que tentarán de superar para sumar 3 novos puntos consecutivos. O rival acumula no que vai de liga 2 vitorias, 1 empate e 3 derrotas. Os nosos 1 vitoria, 4 empates e 1 derrota. Choque por tanto cheo de emoción.
UD Ourense «B» 0-2 SDC Arrabaldo
O conxunto cadete adestrado por Luis González desputou o partido correspondente a sexta xornada ligueira o pasado día 12, aproveitando a festividade. Os ourensás voltaron caer derrotados fronte a un Arrabaldo que fixo os deberes e que soubo manter as distancias a pesar dos intentos dos nosos por darlle a volta a contenda. Un tanto na primeira metade e outro en propia porta na segunda, bastáronlles para levarse a vitoria do Colexio Miraflores. Os nosos son os pechacancelas da táboa cun 1 punto en 6 encontros. Boa imaxe a amosada ante un dos gallitos da categoría.
Xogadores destacados: Destacados Carlos, Hugo e Donovan.
Infantís
UD Ourense – CD Maceda (Domingo, 10:00 Colexio Miraflores)
O conxunto infantil dirixido por Bruno Gómez afronta a cuarta xornada ligueira de competición, cun partido na casa ante un rival que ata agora non sabe o que é sumar e conta os seus 3 primeiros encontros por derrotas. Os vermellos queren facer valer a súa condición de locais para seguir nesa parte alta da táboa e sumar 3 novos puntos despois do seu triunfo a domicilio en Verín, co que recuperaron sensancións.
UD Ourense «B» 6-3 Ourense CF «C»
O segundo equipo infantil non desputará competición esta fin de semana, despois de ter xogado onte o seu partido ligueiro. Os vermellos impuxéronse con claridade o Ourense CF, nun derbi intenso e cheo de bo fútbol. Os de Jorge Conde seguen invictos e contan os seus 3 partidos por vitorias, situándose na parte alta da táboa. Os locais romperon o encontro na segunda metade, despois de irse o descanso cun marcador axustado de 3-2 e de remontar o tanto inicial dos visitantes.
Xogadores destacados: Noel, Saúl e Noa
Alevís
UD Ourense – CDC Santa Teresita (Sábado, 19:00 Colexio Miraflores)
O alevín, que descansou durante o parón pola festividade do día 12. Afronta a terceira xornada ligueira, que para eles será a segunda na búsqueda da primeira vitoria da tempada, despois de caer derrotados no primeiro envite ligueiro. O rival será o Santa Teresita, que chega tras perder os seus dous primeiros encontros da tempada e que busca revertir a situación. Os nosos queren sumar os 3 primeiros puntos do ano.
CD Allariz – UD Ourense «B» (Sábado, 11:00 O Seixo)
Segundo partido ligueiro para o segundo equipo infantil, que desta vez desplázase ata a Allariz para desputar o seu encontro. Despois da goleada acadada na primeira xornada fronte o Velle «B», o que os nosos superaron por un contudente 9-0, toca enfrontarse a un rival que caeu goleado no seu primeiro compromiso diante do EDC Celanova por 8-1. Oportunidade para sumar 3 novos puntos e seguir no alto da táboa.
UD Ourense «C» – Ribeiro «B» (Sábado, 18:00 Colexio Miraflores)
Despois de arrincar a tempada con vitoria a domicilio 2-5 fronte o EDC Xinzo e empezar mandando na táboa clasificatoria. Os noso terceiro equipo alevín debuta en liga como local diante do filial do Ribeiro. O conxunto que nos visita acadou un empate 3-3 fronte o EDC Celanova «B», no seu primeiro compromiso ligueiro.
Benxamís
UD Ourense – CDC Santa Teresita (Sábado, 19:00 Colexio Miraflores)
O equipo benxamín tamén descansou entre semana e afronta a terceira xornada ligueira, pero o seu segundo compromiso, logo de caer na primeira fronte o Pabellón. O rival chega a Miraflores cun punto no seu caseleiro en 2 encontros desputados. Os nosos queren estrearse con vitoria ante a súa afección.
UD Ourense «B» – CD Rúa (Sábado, 18:00 Colexio Miraflores)
Debut oficial do equipo B da UD Ourense en categoría benxamín. Na primeira xornada descansaron, así que afronta o seu primeiro compromiso ligueiro da tempada recibindo o Rúa en Miraflores. O rival chega o partido logo de vencer por 8 a 0 o AD Bosco «B», o que lles serviu para situarse líderes.
Prebenxamís
UD Ourense – AD Bosco (Sábado, 10:00 Colexio Miraflores)
Debut oficial nesta tempada para a UD Ourense prebenxamín. Os vermellos descansaron no primeiro compromiso ligueiro e afrontan a segunda xornada como o seu primeiro partido. Enfronte estará un rival que marcha líder, despois de superar o Ribeiro por 21 a 0 no primeiro encontro da liga.
CDC Santa Teresita – UD Ourense «B» (Sábado, 11:30 Eiroás)
O filial prebenxamín desputa a súa segunda xornada ligueira ca intención de seguir crecendo e avanzando, despois da primeira derrota do curso. Partido ante un rival, que igual que os ourensáns, caeu derrotado na primeira xornada.