Axenda da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Nova fin de semana para os nosos conxuntos de base, que buscan seguir sumando na procura dos seus obxetivos.

Xuvenil

O conxunto xuvenil adestrado por Agustín descansa esta fin de semana.

Cadetes

Marcón Atlético – UD Ourense (Sábado, 12:00 O Carrasco)

O conxunto cadete adestrado polo tándem Vilachá-Valderas visita O Carrasco para enfrontarse o Marcón Atlético, equipo que precede os vermellos na táboa clasificatoria. Os ourensáns, que suman dúas vitorias consecutivas, buscan seguir invictos unha xornada máis, nunha liga na que tan só perderon un partido, na Madroa fronte o Celta. O rival chega o encontro tras sumar un empate no seu último compromiso.

CF Monforte – UD Ourense «B» (Sábado, 16:00 Os Escolapios) 

Duelo vital para os pupilos de Luis González, que tan só sumaron un punto no que vai de campionato, co seu empate en Chantada na primeira xornada. Desta vez toca visitar o Monforte, pechacancelas da clasificación cos mesmos puntos que os nosos, pero cun averaxe pior e dous partidos menos desputados. Partido ante un rival directo para escapar da queima.

Infantís

UD Ourense – Ourense CF «B» (Domingo, 11:00 Colexio Miraflores)

O infantil adestrado por Bruno Gómez desputa en Miraflores un derbi local diante do Ourense CF. Os vermellos, que sumaron dúas vitorias consecutivas nos últimos enfrontamentos, buscan 3 novos puntos para afianzarse na parte alta da táboa e dar caza a Barbadás e Pabellón «B», que ata agora lideran a clasificación. O rival chega a nosa casa con dúas derrotas e dúas vitorias.

ED Ourense «B» – UD Ourense «B» (Sábado, 10:15 Colexio Miraflores)

O infantil de Jorge Conde afronta un dos partidos da xornada diante da Escola Deportiva Ourense, equipo que lidera a táboa con 10 puntos en 4 xornadas desputadas. Os ourensáns contan as súas tres xornadas desputadas por vitoria e tratarán de superar a un rival directo na loita polo ascenso e superalo na táboa. Un dos partidos destacados da xornada e imprescindible para a nosa base.

Alevís

EDC Verín – UD Ourense (Sábado, 10:00 A Granxa)

Terceira xornada ligueira para o noso primeiro equipo alevín, que viaxa ata terras de Monterrei para enfrontarse a ED Verín. Os ourensáns veñen de sumar os seus 3 primeiros puntos do campionato fronte o Santa Teresita e desputan o seu terceiro partido ligueiro. Os verinenses tratarán de sobrepoñerse a última derrota ligueira 12-0 fronte o Pabellón, despois de ter sumado dúas vitorias nos seus primeiros encontros.

UD Ourense «B» – AD Bosco (Sábado, 16:30 Colexio Miraflores)

O alevín «B» recibe o Bosco no estadio de Miraflores. O conxunto vermello quere voltar a senda do triunfo, tras o tropezo da última fin de semana fronte o Allariz. Os vermellos suman 3 puntos en dúas xornadas e deixan moi boas sensacións no seu inicio en competición. Agora chega o turno de recibir a un Bosco que todavía non sabe o que é gañar nesta temporada e que chega con fame de triunfos.

Santa Teresita «B» – UD Ourense «C» (Sábado, 12:30 Eiroas)

Terceira xornada ligueira para o noso alevín «C», que lidera a táboa clasificatoria con dous triunfos nos seus dous encontros desputados. A imbatibidade pasa por superar o Santa Teresita «B» en Eiroás, un rival que ata o de agora non conseguiu sumar ningún punto e conta os seus dous enfrontamentos por derrota. Boa oportunidade para que os nosos segan crecendo e na parte alta da táboa.

Benxamís

EDC Verín – UD Ourense (Sábado, 10:00 A Granxa)

O benxamín busca reporse despois das súas dúas derrotas en competición. O conxunto vermello todavía non sabe o que é anotar e tratarán de ver porta por primeira vez en terras verinesas. O rival afronta este encontro con catro puntos no seu caseleiro, logo de acadar un empate, unha vitoria e unha derrota, no seu último compromiso ligueiro.

CP Calasancio «C» – UD Ourense «B» (Sabado, 11:00 Os Escolapios)

O benxamín «B», que debutou a pasada semana en liga con derrota na casa fronte o Rúa, desprázase ata Monforte para enfrontarse o Calasancio «C», conxunto que suma 3 puntos nos seus dous compromisos ligueiros e que ven de golear o AD Bosco «B» a domicilio por un contundente 1-10. Os nosos tratarán de sumar os primeiros 3 puntos do campionato.

Prebenxamís

ED Ourense «B» – UD Ourense (Sábado, 12:00 Colexio Miraflores)

O prebenxamín «A», que debutaba con derrota a pasada fin de semana fronte o AD Bosco por 1-5, desputa a súa segunda xornada ligueira, visitando o ED Ourense «B», no Colexio Miraflores. Os vermellos enfróntanse a un rival que en dúas xornadas acadou unha vitoria e un empate, que os sitúa na parte alta da táboa.

UD Ourense «B» – EDC Barbadás «B» (Sábado, 16:30 Colexio Miraflores)

Terceiro encontro para o nosos prebenxamín «B», que recibe a visita do Barbadás «B». O conxunto local, a igual que o visitante, todavía non saben o que é sumar nesta liga. Ambos comezaron a competición con dúas derrotas e buscan os primeiros puntos do campionato. Miraflores acollerá un partido, a priori, moi igualado.