Xuvenil
UD Ourense – CD Allariz (Domingo, 10:00 h Colexio Miraflores)
O conxunto de Agustín regresa a competición, despois dunha semana de descanso na competición. Os vermellos reciben o Allariz conxunto de metade de táboa e que afronta o encontro tras caer derrotado na casa fronte o Monforte «B». Os alaricanos levan 7 xornadas desputadas cun bagaxe de 2 vitorias, 1 empate e 4 derrotas. Os nosos buscan o liderato de grupo e manterse nos postos de playoff de ascenso.
Cadetes
UD Ourense – Ourense CF (Domingo, 12:15 Colexio Miraflores)
Os nosos afrontan un deses partidos especiais e con sabor a derbi diante do Ourense CF. Os pupilos de Vilachá e Valderas está situado en media táboa e acumula 5 xornadas invicto. Tralo empate fronte o Marcón Atlético, nova proba de fogo ante un conxunto que se encontra na parte alta da táboa coliderando a clasificación. Duelo por todo o alto para a matinal do domingo.
UD Ourense «B»
Descansa trala retirada do EDC Xinzo «B» da competición.
Infantís
CD Allariz – UD Ourense (Sábado, 12:00 O Seixo)
O conxunto infantil adestrado por Bruno Gómez afronta unha nova xornada para seguir na parte alta da táboa e tentar alcanzar a Barbadás e Pabellón, que ata agora colideran a clasificación. Os vermellos chegan tras golear con contundencia o Ourense CF «B» por 8-3. O rival será o Allariz, un conxunto que ata o de agora non sabe o que é gañar nesta liga.
UD Ourense «B» – EDC Barbadás «B» (Sábado, 20:00 Colexio Miraflores)
O conxunto infantil «B» adestrado por Jose Conde afronta unha nova cita ligueira, tras a derrota acadada o pasado fin de semana fronte a ED Ourense. Agora tócalle o turno o EDC Barbadás, conxunto da parte alta da táboa e que ten un punto de vantaxe sobre os vermellos, ademais de 1 partido máis. Rival directo pola parte alta e por voltar a recuperar sensacións tralo tropezo da pasada semana.
Alevís
UD Ourense – Ribeiro FC (Sábado, 19:00 Colexio Miraflores)
O primeiro conxunto alevín busca a terceira vitoria consecutiva do campionato. Os vermellos están situados na parte media alta da táboa e buscan seguir escalando posicións. Tras superar a EDC Verín o pasado fin de semana, agora toca enfrontarse o Ribeiro, conxunto da parte baixa que suma 3 puntos en 4 xornadas e 3 derrotas consecutivas.
EDC Celanova – UD Ourense «B» (Sábado, 10:45 Anexo San Rosendo)
O segundo conxunto alevín saltará o terreo de xogo unha nova xornada na procura do retorno a senda da vitoria, despois de dúas derrotas consecutivas. Os vermellos caeron diante da AD Bosco «B» a pasada fin de semana, e agora toca visitar a EDC Celanova, equipo que suma 6 puntos en 3 xornadas e que ven de caer derrotado fronte a EDC Verín «B».
UD Ourense «C» – A Peroxa FC (Sábado, 12:15 O Marco)
O terceiro conxunto alevín afronta a súa cuarta xornada do campionato ligueiro. Os vermellos veñen de gañar os 3 partidos oficiais desputados e afrontan o choque deste sábado cargados de moral. Os ourensáns enfróntanse a un Peroxa que suma 1 punto e 9 posibles. Partido, no que os nosos buscarán aumentar o pleno de vitorias unha xornada máis.
Benxamís
UD Ourense – CD Allariz (Sábado, 19:00 Colexio Miraflores)
Os benxamís, que contan os seus 3 encontros por derrotas, afrontan unha nova xornada na procura dos primeiros puntos da tempada. Os vermellos reciben a un Allariz inmerso na mesma situación e que todavía non sumou ningún punto nos catro partidos que desputaron. Oportunidade de ouro para os nosos de escapar da parte baixa da táboa.
UD Ourense «B» – CF Monforte (Sábado, 18:00 Colexio Miraflores)
Terceira xornada a que desputan o noso benxamín «B». Tras acadar a primeira vitoria do curso a domicilio fronte o CP Calasancio «B» por 2-5, chega o turno de voltar a xogar na casa e recibir a otro equipo das terras de Lemos, o CF Monforte, que colidera a táboa xunto co Rúa con 6 puntos. Partido complicado para os nosos, pero no que buscarán unha nova vitoria.
Prebenxamís
UD Ourense – CD Velle (Sábado, 18:00 Colexio Miraflores)
O noso prebenxamín volta a competición trala súa contudente vitoria do pasado fin de semana fronta a ED Ourense «B», a que superaron por 0-9. Agora tócalle o turno o Velle, que visita o Colexio Miraflores o sábado a partir das 6 da tarde. Os visitantes chegan o encontro con 4 puntos e tras acadar a súa primeira vitoria do curso fronte o Ribeiro. Partido de poder a poder cun punto de separación na táboa.
UD Ourense «B»
Descansa esta xornada