Nova xornada ligueira para os nosos conxuntos de base que saltan o céspede na procura de novas vitorias e tamén de seguir formándose nos nobres valores do balompé. O ourensanismo segue movéndose entre as canteiras da provincia e busca seguir crecendo.
Xuvenís
Atlético Arrabaldo – UD Ourense (Domingo, 11:30 h. O Seixo)
O conxunto xuvenil que adestra Agustín afronta unha visita asequible diante dun dos clubes da parte baixa da táboa, o Atlético Arrabaldo, que acumula tan só 6 puntos en nove xornadas desputadas. Os vermellos chegan tras golear por 6-0 o Santa Teresita «B», o que lles permitiu situarse na segunda posición da táboa a tan só un punto do líder, o Chantada. Os ourensáns buscan unha nova vitoria que os manteña nesa parte alta, que comparten tamén con SDC Arrabaldo e Antela CF.
Cadetes
ED Val Miñor «B» – UD Ourense (Sábado, 12:00 h.)
Trala derrota no derbi a pasada semana diante do Pabellón «B» por 1-0, o conxunto cadete de galega adestrado por Vilachá voltará a desprazarse lonxe da casa para xogar un novo encontro ligueiro. O rival será o filial do Val Miñor, que ocupa a terceira praza na táboa e que será un duro escollo para os nosos xogadores, que tratarán de sumar algún punto para alonxarse un pouco máis da parte baixa da táboa.
UD Ourense «B» – CP Calasancio «B» (Domingo, 10:15 h. Colexio Miraflores)
O segundo conxunto cadete afronta unha nova xornada ligueira, despois de que a pasada descansase por motivos de competición. Desta volta, reciben na casa o filial do Calasancio, conxunto que marcha na zona media da tábia e que suma 18 puntos en 9 xornadas, contando con 5 vitorias, 3 empates e unha soa derrota. Os nosos tratarán de sumar algún punto máis para escapar da parte baixa e recurtar diferencias cos seus antecesores na táboa.
Infantís
UD Ourense – CD Arenteiro (Sábado, 16:00 h. Colexio Miraflores)
Encontro con sabor a clásico do fútbol provincial na Primeira Infantil. O conxunto dirixido por Bruno Gómez afronta unha importante cita na casa fronte a un Arenteiro en horas baixas e que marcha na parte baixa da táboa, con tan só dúas vitorias en 8 partidos desputados. Os verdes veñen de gañar o EDC Verín na última xornada . Os vermellos, pola súa banda, tratarán de sumar unha nova vitoria trala acadada a pasada fin de semana en Celanova e restar diferencias con Velle e Barbadás.
AD Bosco «B» – UD Ourense «B» (Sábado, 12:00 h. Salesianos)
O segundo equipo vermello de infantís afronta un deses encontros importantes para o devir da clasificación. Renden visita o terceiro clasificado da liga, o AD Bosco «B», o que avantaxan en 5 puntos. Os pupilos de Conde tratarán de sumar unha nova vitoria que os manteña na pugna pola primeira praza, despois de varias vitorias consecutivas. Os vermellos tan só perderon un encontro dos 7 desputados ata o momento.
Alevís
Pabellón Promesas – UD Ourense (Sábado, 13:15 h. Estadio Miguel Ángel)
Partido moi importante para medir as aspiracións do conxunto de alevín adestrado por Álex Castro. Os vermellos visitan o Pabellón Promesas, equipo o que preceden na táboa con 2 puntos de vantaxa. Os vermellos chegan tras caer fronte a La Purísima e tratarán de revertir a situación cunha vitoria que os achegue a terceira praza. O sector galego está a tiro de pedra e 3 puntos reforzarían o equipo nese obxetivo.
CF Monforte «B» – UD Ourense «B» (Sábado, 12:30 h. Os Escolapios)
EDC Celanova «B» – UD Ourense «C» (Sábado, 17:00 h. Anexo San Rosendo)
O terceiro equipo alevín segue mandando na táboa clasificatoria e conta o seus 6 partidos por vitorias, o último deles fronte o Pabellón «C», o que dobregaron por 6-1. Desta volta, toca visitar San Rosendo para medirse o EDC Celanova, que marcha terceiro na táboa e o que os nosos avantaxan en 8 puntos. Unha nova proba para reafirmarse na cabeza e manter as opcións do título todavía máis claras.
Benxamís
Pabellón Promesas – UD Ourense (Sábado 13:15 h. Estadio Miguel Ángel)
O primeiro equipo benxamín busca manter a senda do triunfo nun novo encontro ligueiro. A pasada xornada golearon o CD La Purísima por 8-0, o que lles permitiu os vermellos sumar 3 novos puntos e escalar posicións na táboa. O rival avantaxa os ourensáns en 5 puntos e será unha dura pedra de batalla. Os ourensáns tratarán de sumar por primeira vez nesta tempada dúas vitorias consecutivas e seguir escalando posicións.
UD Ourense «B» – EDC Verín «B» (Domingo 12:00 h. Colexio Miraflores)
Segunda xornada ligueira para o segundo equipo benxamín, que recibe na casa o EDC Verín «B». Os vermellos, que caeron no seu primeiro encontro por 5-3 fronte o Maceda, buscarán resarcirse diante dun rival que tamén perdeu no seu primeiro partido na casa fronte o CD Arenteiro por 1-2.
Prebenxamís
Ribadavia Atlético – UD Ourense (Sábado, 11:00 h. O Xestal)
Despois de superar o Calasancio nun partido moi igualado e no que os vermellos se fixeron ca vitoria por 5 tantos a 4, chega o turno de render visita o Ribadavia Atlético, equipo que en 4 xornadas sumou unha vitoria e 2 empates. Os ourensáns acumulan 3 vitorias, 1 empate e 1 derrota en 5 encontros desputados e marchan terceiros na táboa, a 2 puntos do segundo clasificado e a 5 do primeiro. Boa opción para sumar 3 novos puntos.
UD Ourense «B» – CD La Purísima (Domingo, 12:00 h. Colexio Miraflores)
O filial prebenxamín busca a súa primeira vitoria da tempada recibindo a La Purísima na casa. Os máis cativos da familia ourensanista todavía non saben o que é sumar e enfróntanse a un equipo de metade da táboa e que suma dúas vitorias e dúas derrotas. Nova oportunidade para sumar e para seguir crecendo en valores futbolísticos.