Xuvenís
UD Ourense – SD Chantada (Sábado, 20:00 h. Colexio Miraflores)
Duelo por todo o alto o que se vivirá o sábado as 8 da noite no Colexio Miraflores. A UD Ourense, segundo clasificado na táboa, recibe o Chantada, primeiro e que ten unha vantaxe dun punto sobre os vermellos. Os de Agustín Ruíz todavía non saben o que é perder esta tempada, namentras que os visitantes contan todos os seus partidos por vitorias, a excepción dunha derrota. Ambos conxuntos acumulan máis de 5 xornadas consecutivas vencendo e xóganse o liderato. Os ourensáns tratarán de manter o seu bo nivel defensivo, sendo o conxunto menos goleado da categoría e seguir mantendo os números en ataque, que o colocan como o segundo conxunto máis realizador.
Cadetes
UD Ourense – Pabellón CF «B» (Sábado, 16:00 h. Colexio Miraflores)
Derbi ourensán na Liga Galega o que viviremos este sábado a partir das 4 da tarde no Colexio Miraflores. Un Ourense necesitado de sumar puntos trala súa última derrota na cancha do Val Miñor, recibe a un Pabellón «B», que está situado na parte alta da táboa. Os vermellos tratarán de sumar para afastarse da parte baixa e adiantar a algún dos seus predecesores, nunha liga moi marcada pola igualdade.
Ourense CF «B» – UD Ourense «B» (Sábado 16:00 h. Oira)
O segundo equipo cadete adestrado por Luis González experimenta un crecemento nas últimas 3 xornadas, nas que sumou 4 puntos de 9 posibles, despois dun mal inicio de competición. Os vermellos renden visita a Oira para enfrontarse no derbi local co Ourense CF. Os ourensáns tratarán de sumar algo positivo unha xornada máis ante un dos equipos da parte alta da táboa, o igual que fixeron a pasada, empatando co Calasancio «B». Encontro difícil para os nosos, pero no que queren seguir amosando grandes sensacións.
Infantís
EDC Xinzo – UD Ourense (Domingo, 12:30 h. A Moreira)
O infantil adestrado por Bruno Gómez viaxa a Xinzo para desputar un novo encontro ligueiro. O conxunto vermello busca sumar unha nova vitoria, despois de derrotar o Arenteiro no seu último encontro ligueiro. Os ourensáns, situados en postos de playoff, queren avanzar posicións e recurtar diferencias co segundo clasificado. O rival chega o encontro tras vencer en Verín e tras unha racha negativa de resultados. Oportunidade de ouro para que os nosos se afiancen nos postos de cabeza.
CF Monforte «B» – UD Ourense «B» (Sábado, 10:15 h. Os Escolapios)
O segundo equipo infantil desputa a novena xornada ligueira con ganas de resarcirse trala derrota sufrida pola mínima ante o AD Bosco «B» o pasado fin de semana. Desta volta, os vermellos renden visita a terras monfortinas para enfrontarse a un rival da parte media da táboa. Os vermellos, en postos de playoff, queren conservar ese privilexio a espera do que faga o primeiro equipo, para tentar dar o salto a primeira infantil, sempre que o conxunto A, logre dar o salto a galega.
Alevís
UD Ourense – Ourense CF (Domingo, 10:30 h. Colexio Miraflores)
O alevín de Álex Castro desputa un derbi trascendental para as opcións vermellas de meterse nos postos que dan acceso a disputar o sector galego. Os vermellos chegan tras empatar 2-2 co Pabellón Promesas e tratarán de superar o Ourense CF no derbi. Os vermellos, con 13 puntos, enfróntanse a un rival directo, que lles saca 5 puntos na táboa e o que en caso de derrotar achegaránse con perigo. Partido importante para os nosos por dobre motivo, derbi e competición.
UD Ourense «B» – AD Bosco (Domingo, 11:30 h. Colexio Miraflores)
Novo partido para o segundo equipo alevín, que desta vez recibe o AD Bosco «B» no Colexio Miraflores. Os nosos, con 3 puntos no seu caseleiro, tratarán de revertir a situación das últimas xornadas, que se saldaron con 4 derrotas consecutivas. O rival suma 9 puntos en 5 partidos e será un duro oso de roer para os nosos, que no último encontro se viron superados polo Verín por 2-5.
UD Ourense «C»
Descansa esta xornada.
Benxamís
UD Ourense – Ourense CF (Domingo, 10:30 h. Colexio Miraflores)
Derbi importantísimo para un benxamín en fase de crecemento e que segue sumando puntos nas últimas xornadas. De feito, os vermellos acumulan 4 xornadas consecutivas puntuando, con 3 vitorias e un empate, que lle permitiron sumar 10 puntos, despois de 3 derrotas seguidas nas primeiras xornadas. Os ourensáns aspiran a situarse nos postos de cabeza, pero para elo deberán desfacerse dun Ourense CF situado por debaixo dos nosos na táboa. Os nosos están a tan só 3 puntos dos postos para a desputa do sector galego, que se achegaría cunha nova vitoria.
AD Bosco – UD Ourense «B» (Sábado, 11:45 h. Salesianos)
Partido do segundo equipo benxamín, que visita salesianos para enfrontarse o AD Bosco, nun partido que inaugura a segunda volta de competición neste grupo. Os vermellos, con 9 puntos no seu caseleiro, queren prolongar a súa boa racha e achegarse a un Rúa, que ata o momento se mostra intratable.
Prebenxamís
UD Ourense – Pabellón Promesas (Domingo, 12:30 h. Colexio Miraflores)
Con catro vitorias, un empate e unha derrota no seu haber, e ocupando postos de cabeza na táboa, a UD Ourense recibe o Pabellón Promesas no Miraflores, rival que marcha xusto por detrás na táboa. Partido ante un rival directo e no que os nosos tratarán de aumentar as distancias cos seus perseguidores e recurtar cos dous predecesores na táboa. Os vermellos chegan nunha boa racha de resultados, tras 3 vitorias consecutivas.
Pabellón CF – UD Ourense «B» (Sábado, 12:30 h. Estadio Miguel Ángel)
Duelo entre conxuntos en situacións ben diferentes na táboa. A UD Ourense, última clasificada na táboa e que todavía non sumou ningún punto, visita a un Pabellón que ata o momento se mostrou intratable e que conta todos os seus partidos por vitorias. Os nosos queren seguir progresando e crecendo nesta categoría de iniciación.