Novo fin de semana de competición e os conxuntos de base da UD Ourense póñense o traxe de faena para sair a competir e divertirse sobre o terreo de xogo.
Xuvenís
Antela CF – UD Ourense (Sábado, 12:30 h. A Moreira)
O conxunto adestrado por Agustín busca voltar a senda do triunfo despois do tropezo do pasado fin de semana diante do líder, o Chantada, no que as opcións de liderato se esfumaron a 4 puntos. Agora toca visitar a cancha do terceiro da táboa, o Antela, que marcha empatado a puntos cos vermellos. Partido compricado para os nosos, no que deberán dar todo sobre o céspede.
Cadetes
EDC Verín – UD Ourense (Sábado, 18:00 h. A Granxa)
Novo derbi para o conxunto adestrado por Luis Vilachá, que ten unha nova oportunidade de voltar a sumar puntos na súa loita por saír da parte baixa da táboa. Despois de que a vitoria se escapase no último suspiro fronte o Pabellón, chega o turno de visitar Verín, equipo de mitad de táboa e que ven de caer por 6-1 no seu último partido.
UD Ourense «B» – A Peroxa CF (Sábado, 16:00 h. Colexio Miraflores)
Trala derrota sufrida no derbi fronte o filial do Ourense CF, chega o momento de recuperar sensacións e voltar a sumar uns valiosos puntos diante dun rival que precede os vermellos na táboa, aventaxándoos en 4 puntos. Os pupilos de Luis González buscarán a segunda vitoria do curso e seguir progresando na súa formación de cara a vindeira tempada.
Infantís
UD Ourense – CD Velle (Sábado, 17:45 h. Colexio Miraflores)
Trala vitoria da pasada fin de semana en Xinzo por 1-2, o conxunto adestrado por Bruno regresa a Miraflores para actuar coma local e nunha situación envexable. Os vermellos son cuartos con 24 puntos a 3 dos dous líderes e empatados a puntos co Velle, rival do partido do sábado. Encontro de vital trascendencia para os nosos, que queren superar a un rival directo en resultado e na táboa. Un dos encontros destacados da fin de semana.
UD Ourense «B» – SD Valenzá (Domingo, 11:30h. Colexio Miraflores)
Novo encontro para o segundo equipo infantil, que marcha segundo na táboa e quere conservar ese posto privilexiado para que en caso de ascenso do primeiro equipo a liga galega, podan optar a dar o salto de categoría. Os vermellos recibe na casa o Valenzá, equipo da parte baixa da táboa e que en 8 xornadas tan so sumou 7 puntos. Nova oportunidade para un equipo que ven de golear o Monforte por 1-8 e que quere seguir arriba na táboa.
Alevís
CP Calasancio – UD Ourense (Sábado, 12:00 h. Os Escolapios)
Despois de superar con contundencia o Ourense CF a pasada fin de semana por 3-1 en Miraflores e de sumarse o carro dos equipos punteiros da Liga, o primeiro equipo alevín adestrado por Álex Castro visita Monforte para enfrontarse a outro rival directo, o Calasancio. Os monfortinos están empatados a puntos cos vermellos, polo que unha vitoria faría que os nosos escalasen novas posicións e se asentasen nos postos que dan acceso o sector galego.
EDC Barbadás – UD Ourense «B» (Domingo, 11:45 h. Os Carrís)
O segundo equipo alevín, que caeu o pasado fin de semana fronte o Verín na casa por 2-5, visita desta vez Os Carrís para enfrontarse a EDC Barbadás. Partido moi compricado para os intereses do filial alevín, pero no que tratarán de sacar un bo rédito e amosar o millor nivel posible.
UD Ourense «C» – AD Bosco «C» (Sábado Colexio Miraflores)
O terceiro equipo alevín, invicto no campionato ata o momento, recibe no Miraflores o AD Bosco «C», nun encontro amigable, xa que os vermellos descansarán esta xornada o igual que a pasada.
Benxamís
CP Calasancio – UD Ourense (Domingo, 12:30h. Os Escolapios)
Trala derrota no derbi do pasado fin de semana pola mínima diante do Ourense CF. O conxunto benxamín da UD Ourense visita terras monfortinas na procura dunha vitoria que lles permita escalar posicións na táboa. Enfronte estará o Calasancio, terceiro clasificado da táboa e que loita por meterse nos postos que dan o privilexio de xogar a fase final galega.
UD Ourense «B» – Pabellón «B» (Domingo, 10:30h. Colexio Miraflores)
O segundo equipo benxamín recibe na casa o filial do Pabellón, nun partido de altos vos e nun derbi con sabor añejo. Os vermellos queren seguir progresando na súa formación e tratarán de superar a un rival moi compricado tanto coma local como a domicilio.
Prebenxamís
Ribeiro FC – UD Ourense (Venres, 18:40 h. O Xestal)
Despois de golear o Pabellón Promesas por 12-1, o conxunto prebenxamín da UD Ourense recibe en Miraflores a un rival da parte baixa da táboa, o Ribeiro. Os vermellos que marchan segundos na táboa tratan de reducir diferenzas co líder, o Bosco, que marcha líder con dous puntos máis que os nosos pequenos. Partido importante para os nosos, que tamén queren poñer terra de por medio cos inmediatos perseguidores.
Descansa UD Ourense «B»