Axenda da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

O coiro volta a rodar a partir de mañá e faino para todos os nosos equipos da base. O futuro está na canteira e toca mimala dende que os xogadores dan os seus primeiros pasos lucindo as nosas cores. A #NosaBase, a base do ourensanismo, a base da UD Ourense entra en xogo unha fin de semana máis.

Xuvenís

UD Ourense – Sporting Celanova (Domingo, 12:00 horas. Colexio Miraflores)

O conxunto xuvenil, que adestra Agustín Ruiz, afronta a súa terceira xornada de competición logo do empate acadado no seu primeiro compromiso ligueiro fronte o Velle e tras imporse por un contudente 1-8 o CD Maceda a pasada xornada. Novo partido coma locais diante dun dos históricos do fútbol base provincial. O Sporting de Celanova chega o Colexio Miraflores con 3 puntos no seu casilleiro, un menos que os nosos. Partido vital para seguir nos postos que dan acceso o playoff de ascenso a Liga Galega.

Cadetes

UD Ourense – Colegio Hogar S.R. (Sábado, 16:00 horas. Colexio Miraflores)

Os cadetes regresan a competición tralas dúas primeiras xornadas. No primeiro encontro, acadouse un valioso punto diante do Bora, pero no segundo encontro fronte o RC Celta, os pupilos de Vilachá e Valderas sairon goleados da Madroa por 9-0. Agora toca voltar a xogar coma locais, diante dun conxunto que conta os seus dous encontros por derrotas e que semella un rival directo na loita pola permanencia. Partido na procura da primeira vitoria como locais.

CD Arenteiro «B» – UD Ourense “B” (Sábado, 18:00 horas. A Uceira)

Terceiro encontro do cadete «B» que adestra Luis González, esta vez coma visitante. Os vermellos acumulan 1 punto en dúas xornadas, logo do empate acadado diante do Chantada e tras caer pola mínima a pasada semana diante do Barbadás «B». Visita a terras carballinesas para enfrontarse a un conxunto que so desputou un partido e no que caeu derrotado por 3-2 diante do CD Velle.

Infantís

CDC Santa Teresita – UD Ourense (Domingo, 10:00 horas. Eiroás)

Os infantis de Bruno Gómez debutan en competición ligueira, despois de desputar dous encontros copeiros con vitorias moi contundentes. O rival será un deses os que xa se enfrentaron na Copa, o Santa Teresita. Os ourensáns impuxéronse nese encontro por 2-5 amosando a súa superioridade. Oportunidade perfecta para estrearse na competición doméstica e empezar sumando.

UD Ourense «B» – CF Monforte «B» (Domingo, 10:00 horas, Colexio Miraflores)

Outro dos debutantes é o infantil «B», que comeza a tempada coma local recibindo o conxunto do Monforte «B», nunha liga plagada de filiais e na que nos nosos buscarán acabar na parte alta para tentar un ascenso, no caso de que o primeiro equipo logre dar o salto a galega.

Fútbol 8

Os conxuntos de fútbol 8 prosiguen preparando a nova tempada, a espera do comezo da competición. Despois de desputar varios torneos, tócalle o turno a unha finde de semana de amigables na que os nosos equipos se desprazan principalmente a Celanova e A Peroxa.

Alevín

UD Ourense – UD Barbadás

EDC Celanova – UD Ourense «B» (Sábado, 12:00 horas. San Rosendo)

Peroxa CF – UD Ourense «C» (Sábado, 10:30 horas. O Marco)

Benxamín

EDC Celanova – UD Ourense (Sábado 12:00 horas. San Rosendo)

Peroxa CF – UD Ourense «B» (Sábado, 11:30 horas. O Marco)

Prebenxamín

EDC – UD Ourense

Peroxa CF – UD Ourense «B» (Sábado, 12:30 horas. O Marco)