Nova xornada no fútbol base e novos encontros para os nosos canteiráns, que afrontan unha nova fin de semana de competición coas esperanzas postas en acadar os obxetivos de cara a final de tempada. Un dos encontros destacados da xornada será o primeiro encontró ligueiro dos infantis, que reciben no Colexio Miraflores o AD Bosco.
Xuvenís
CD Maceda – UD Ourense (Domingo 11:30, Cardenal Quiroga)
O conxunto dirixido por Agustín desplázase a terras de Maceda para enfrontarse o conxunto local. Os vermellos parten a priori como favoritos e buscarán sumar a súa primeira victoria, logo do empate acadado fronte o Velle o pasado domingo en Miraflores.
Cadetes
RC Celta “B” – UD Ourense (Domingo 12:00 horas, A Madroa)
Primeiro encontró coma visitantes do Cadete A na Liga Galega. O rival será un histórico do fútbol galego como o Celta. Rival moi complicado e que nos porá as cousas moi difíciles. O conxunto adestrado polo tándem Valderas-Vilachá tratará de sacar un resultado positivo dun campo moi compricado e seguir sumando puntos logo do empate fronte o Bora CF.
UD Ourense “B” – UD Barbadás “B” (Domingo 10:00 horas, Colexio Miraflores)
O Cadete “B” que adestra Luis González desputará o seu segundo compromiso ligueiro, despois de debutar en Chantada con resultado de empate 2-2. Agora toca estrearse como locais fronte o filial do Barbadás. Partido moi aberto e no que os locais tratarán de facer efectiva esa condición.
Infantís
UD Ourense – AD Bosco (Sábado 12:00 horas, Colexio Miraflores)
Debut oficial ligueiro do conxunto adestrado por Bruno. Trala boa imaxe amosada a pasada semana na cita copeira, cando os vermellos se impuxeron por 2-5 o Santa Teresita, toca centrarse na Liga. Partido entre dous dos favoritos da categoría e que sen dúbida esixirá os nosos dar o máximo para acadar os 3 primeiros puntos en xogo.
Alevín
O conxunto de fútbol 8 participará o sábado a partir das 9:30 horas nun Memorial en Xinzo de Limia en honor a Toñito Maestro, figura clave do fútbol base da vila limiá e falecido fai un par de anos. O torneo arrancará as 9:30 horas e alí daranse cita os conxuntos das principais canteiras da provincia. Pabellón CF, ED Barbadás, EDC Celanova, ED Verín, CD Allariz, SD Arrabaldo, CD Maceda, ED Ourense e EDC Xinzo de Limia serán os rivais dos nosos nesta III edición do Memorial.