Xornada repartida entre o xoves e o fin de semana no fútbol 11, cun balance positivo para #anosabase
Xuvenil A – Barco
Victoria nun partido no que os nosos saíron moi enchufados, dispoñendo de claras ocasións que non entraron. O partido non se pechou ata avanzada a segunda metade.
Xuvenil B – Chantada B
Victoria o xoves nun partido dominado de principio a fin polos nosos. Adiantaríase o Chantada na primeira metade e ao fio do tempo de lecer chegou o empate. Na segunda metade culminouse a remontada
Cadete A – Purísima
Primeiro dos partidos disputados polo cadete que se saldou con victoria. Gran primeira metade con moitas ocasións, goles e presión ao contrario. Na segunda parte decaeu o ritmo do encontro.
Cadete A – Barbadás
Victoria no segundo partido do cadete ante un Barbadás que buscou as contras saíndo en velocidade. Partido moi físico no que os nosos conseguiron manter a porta a cero.
Barbadás C –Cadete B
Derrota no encontro disputado na mañá do domingo, no que tódolos tantos chegaron na primeira metade. Foi un partido igualado no que non se conseguiu voltar con puntos .
Arrabaldo – Infantil A
Victoria nun partido moi disputado e no que os nosos non tiveron o día. O partido resolveuse na segunda metade en dúas acción individuais.
Infantil B – SD Valenzá
Victoria nun partido que non tivo moito ritmo pero que se saldou cunha nova victoria mantendo a portería a cero.