Na xornada de fútbol 11 da fin de semana de #anosabase houbo de todo un pouco.
Alondras B –Xuvenil A
Empate nun encontro no que lle faltou fortuna no remate ao noso xuvenil para transformar as ocasións en goles. Os locais so inquedaron en algunha acción a balón parado.
Xuvenil B – Pabellón C
Empate nun partido no que a primeira metade foi mala por ámbolos lados. Na segunda os nosos saíron moi metidos no encontro e so unha xogada desafortunidade preto do remate evitou a victoria.
SDC Arrablado B – Cadete A
Victoria nun partido que tivo controlado en todo momento o noso cadete, xogando con bastante orde e no que se dispuxo de numerosas ocasións de gol.
Cadete B – Arrabaldo
Derrota nun partido no que o equipo saiu sen tensión na primeira metade ante un rival superior no plano físico. Na segunda metade entrouse mellor no encontro pero os erros defensivos foron chave.
Infantil A – Chantada
Victoria nun partido que tiveron os nosos controlado en todo momento e que fai que se siga co pleno nesta primeira fase da competición.
Infantil B
Descansou esta xornada.