Primeiros encontros do ano para os equipos de fútbol 11 de #anosabase
Xuvenil A – Barbadás
Victoria nun encontro que se puxo costa ariba na primeira metade na que se adiantaron os vistantes a pesares das numerosa ocasión dos nosos. Déuselle a volta ao marcador na segunda metade
Santa Teresita – Xuvenil B
Derrota nun encontro con moito contacto que se decidiu nunha xogada de estratexia.
Cadete A – EDC Xinzo
Victoria nun partido no que se foi de menos a máis no control do encontro. Unha primeira metade con moita disputa e balón dividido e unha segunda na que o partido foi máis ao noso xogo
Cadete B – Velle
Derrota nun mal encontro dos nosos que non foron quen de xerar perigo nen dar fluidez ao xogo. .
Infantil A – Monforte
Victoria nun partido dominado polos nosos que foron quer de impor o seu estilo de xogo ante un rival que tentaba saír as contras.
Infantil B – ED Barbadás
Victoria nun partido moi parexo de principio a fin no que o gol ao pouco do comezo foi decisivo. Na segunda metade o equipo soupo sufrir.