A xornada de fútbol 11 da fin de semana de #anosabase viviu dous derbis e moitos partidos como forasteiros.
Xuvenil A – OUCF A
Empate nun encontro vibrante, con moitos xiareiros nas bancadas. Adiántaríanse os visitantes nun lazamento de falta, e os nosos, a pesares de dispor de claras ocasións non sería quen de igualar ata a segunda metade. Houbo máis ocasións para gañar o partido pero non se moveu o marcador.
OUCF B – Xuvenil B
Victoria nun partido moi intenso e traballado dos nosos. Ao tempo de lecer chegouse por baixo no marcador, pero a reacción da segunda metade do nosos xuvenil permitiu conquerir unha nova victoria.
Cadete A
Descansou.
Chantada – Cadete B
Derrota nun partido no que non houbo sorte e non se deron concretado as ocasións das que se dispuxeron. O Chantada foi máis efectivo
Bosco – Infantil A
Victoria no derradeiro partido da primeira fase. Unha mala primeira metade fixo que se chegara por baixo no marcador ao tempo de lecer. A decoración trocou na segunda metade e déuselle a volta.
Infantil B – Xinzo B
Victoria un npartido que se puxo moi costa arriba na primeira metade, pero tralo paso polos vestiarios, déuselle a volta nunha boa segunda metade.