Xornada de fútbol 11 de #anosabase con xornada dobre para a maioría dos equipos
Pabellón – Xuvenil A
Victoria no derbi disputado o xoves e que permite seguir na parte alta da táboa.
Xuvenil A – Lérez
Victoria lograda tras remontar, xa na primeira metade,o tanto inicial dos pontevedreses. Na segunda metade aumentouse a renda
Xuvenil B – Arrabaldo
Empate no partido de copa do xoves. Foi un encontro moi disputado que os nosos foron capaces de remontar e que acabaron levándose na quenda de penaltis
Arenteiro – Xuvenil B
Derrota nun partido moi ben competido polos nosos a pesares das baixas, e que se desnivelou preto do remate
Calasancio B – Cadete A
Victoria e paso adiante na copa nun encontro no que o equipo soubo sobreporse a pesares de que non saían as cousas.
Santa Teresita – Cadete A
Victoria no primeiro partido da segunda fase. O equipo saiu ao partido moi enchufado e que estivo igualado ata que caeu do noso lado.
Cadete B – Arrabaldo
Derrota no partido de copa ante un rival que estivo máis atinado e conqueiu pasar de eliminatoria.
Cadete B – Purísima
Empate nun encontro no que, tras unha frouxa primeira metade, na segunda trocou a decoración e conseguimos un meritorio empate.
Pabellón B – Infantil A
Victoria no primeiro partido da fase polo título. Moi boa primeira metade, con bo xogo, e unha segunda na que a relaxación fixo que se comprimira o marcador.
Verín B – Infantil B
Derrota nun partido no que recibimos gol moi cedo, condicionando o resto do partido.