Na xornada de fútbol 11 da fin de semana de #anosabase houbo de todo un pouco.
Comesaña –Xuvenil A
Derrota nun encontro no que rematamos por diante a primeira metade. Na segunda metade os locais foron quen de darlle a volta ao marcador.
Xuvenil B – Allariz
Victoria nun partido bastante duro no que os nosos non se amilanaron o que permitiu que tivesemos o control e o dominio do mesmo.
Cadete A – Calasancio
Empate no encontro entre os dous primeiros clasificados. Empezouse perdendo, remontouse e os visitantes conseguiron empatar, deixando todo como estaba antes da xornada
Verín B – Cadete B
Victoria nun moi bo encontro dos nosos no que estivemos mellor có rival e dispuxemos de moitas ocasións.
Infantil A – Barbadás
Victoria nun partido de dúas partes moi diferenciadas, unha primeira máis igualada e disputada e unha segunda de clara cor local.
Polígono – Infantil B
Victoria nun encontro complicado e disputado que viviu un final de infarto no que houbo trocos no marcador nas derradeiras xogadas.