Moita emoción nos partidos de fútbol 8 disputados polos máis miúdos de #anosabase
Alevín A
Descansou esta xornada.
Alevín B – Allariz
Victoria nun entretido partido, no que houbo moitas ocasións para os dous na primeira metade. Na segunda asentáronse mellor os nosos e aproveitaron as súas ocasións.
Peroxa – Alevín C
Victoria nun partido que comezou con dominio dos nosos, que igualaron os locais na segunda metade e que rematou en victoria ao aproveitar o noso alevín as oportunidades finais.
Benxamín A – EDO
Empate nun partido cunha metade para cada equipo. Na primeira estiveron mellor os nosos, con bo xogo e ocasións, e na segunda a EDO foi quen de empatar o encontro.
Benxamín B – Pabellón B
Derrota nun encontro de clara cor visitante. Un rival mellor en tódalas facetas do xogo ante o que se competiu mellor na segunda metade.
Xinzo – Prebenxamín A
Derrota nun partido con moito frío e auga no que os nosos disputaron unha boa e igualada primeira metade. Na segunda metade os locais aproveitaron mellor as ocasións.
Polígono – Prebenxamín B
Derrota nun partido dominado polos locais, con moita presión ao principio e no que os nosos se foron sentindo mellor co paso dos minutos.