Batendo récords!

con No hay comentarios

O club está a ver superadas as súas mellores espectativas. Nunca antes se acadara unha cifra de máis de 1150 abonos antes de comezar a competición, que previsiblemente superará os 1200 cando o coiro comece a rodar o domingo no Couto. As voluntarias e voluntarios están a dar o mellor de sí para atender as ringleiras que se forman estes días nas oficinas para renovar abonos, novas altas e recollida de carnés.

Ita, Ángel e Mariceli despois da axetreada xornada de hoxe

 

Ante a demanda que está a haber nestes últimos días, previos á visita do líder, o Somozas, mañá Sábado abriranse as oficinas de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00. O Domingo abrirán de 11:00 a 13:00 e pola tarde habilitaranse os portelos a partir das 17:00 para retirar entradas e carnés, así como para renovar abonos ou novas altas.