Gran éxito do equipo Benxamín da Unión Deportiva Ourense. Os nosos rapaces fixéronse co título do Torneo de fútbol Base en categoría Benxamín, tras superar na final ao Pabellón Promesas por 6-0.
Torneo que este ano tivo como sede o emblémático campo do Marco no Concello da Peroxa.
Na final desputada, os nosos pequenos amosaron dende o primeiro minuto unha gran superioridade sobre o seu rival e aos 10 minutos xa gañaban por 3-0. Despois conseguiron outros tres goles que redondearían o resultado, conseguindo así un novo trofeo para a nosa xoven canteira.
Gran partido de todo o equipo que pon fin a unha magnífica tempada. Parabens e a desfrutar campións!!