O Benxamín xoga a final do Torneo Fútbol Base Ourense

con No hay comentarios

Será o sábado día 10 de xuño ás 12,00 horas no campo do Marco na Peroxa. O rival será o Pabellón Promesas. O noso equipo clasificouse despois de quedar campión do Grupo 2, gañando catro partidos e empatando un. Superou a Monforte, Arrabaldo, Ourense C.F., Santa Teresita e Rúa. Pola súa banda o Pabellón Promesas impúxose no Grupo 1 a EDO, Barbadás, La Purísima e Xinzo.

Os nosos pequenos afrontan con gran ilusión esta final. Desexámoslle a mellor das sortes e que disfruten do fútbol.