#BusVermello a O Grove

con No hay comentarios

 

Vedette Peña Ourensanista organiza viaxe en autobús para presenciar o partido da UD Ourense en O Grove.

A UD Ourense visita o próximo venres a partir das 17:30 horas O Grove, nun trascendental partido no devir da procura dos seus obxetivos a final de temporada. Os vermellos afrontan a cita fora da casa ante un rival directo na loita polos postos de ascenso a Terceira División. Despois de que o partido fose suspendido fai unhas xornadas, o autobus mantense para este próximo venres.

Ante importancia da cita para o clube, una das nosas peñas, Vedette Peña Ourensanista organiza una viaxe en autobús para presenciar o partido. Co lema #BusVermello poñen a disposición dos afeccionados vermellos un medio de transporte o prezo de 8 euros para que todos aqueles que o precisen poidan acudir o partido sen ter que desprazarse no seu vehículo e aqueles que non teñan medio de transporte, poidan facelo.

A viaxe está prevista que arranque as 11:30 horas do estadio de O Couto. A expedición vermella chegará a terras de O Grove con tempo para comer pola localidade e posteriormente acudir o partido. O remate do encontro, o autobús voltará para Ourense cos afeccionados desprazados.

O prazo de reserva de praza no autobús finaliza o mércores as 21:00 horas. Todos aqueles interesados deberán pasar polas oficinas da UD Ourense en O Couto, en horario de 18:00 a 21:00 horas.

A UD Ourense agradece a involucración desta peña para que ninguén quede sen ir a O Grove e que entre todos empuxemos os nosos nunha saída compricada. Xa amosamos as nosas cores por moitos campos, pero todavía nos quedan moitos novos por coñecer. O Grove agarda o ourensanismo.

Para máis información ou porvos en contacto ca peña, tedes o seu Facebook