Alberto Fernández Cabanyes (Madrid, 1993) defenderá a elástica ourensanista a vindeira tempada. O dianteiro madrileño, que xa coñece a terceira división galega por ter militado no Arousa e no Barbadás, agarda corresponder con resultados a esta oportunidade.
- Que esperas da tempada?
A UD Ourense é un club comprometido, traballador e, sobre todo, unido e familiar. Non cabe dúbida de que conseguiremos facer unha gran tempada.
- Por qué decidiches fichar pola UD Ourense?
Cando xurdiu a posibilidade, non o pensei nin un minuto. Poder volver a desfrutar do fútbol galego emocióname e que mellor que no Couto, representando as cores desta gran cidade. Tiven moi boa experiencia fai tres tempadas e desexaba voltar a Ourense. Agradezo esta oportunidade e demostrarei con bos resultados a miña gratitude.
- Que lle dirías á afección?
A pesar dos momentos difíciles que nos está tocando vivir, quero decir á afección que son o alicerce fundamental deste escudo.
Oxalá os teñamos tanto dentro coma fora do campo, dándonos forzas e animando como veñen facendo anos atrás. Un gran exemplo de afección.