Campo Lameiro 1-1 UD Ourense: Táboas nun encontro no que se impuxeron as defensas

con No hay comentarios

A UD Ourense rescatou un punto da súa visita a Campo Lameiro, nun encontro sen demasiado fútbol, pero no que os ourensáns souberon repoñerse ó tanto dos locais. A falla de puntería e o bo facer da defensa verde impediron ós vermellos sacar algo máis desta visita.

Domingo de fútbol e festa en Campo Lameiro, cun campo cheo ata a bandeira, no que máis de 200 ourensanistas non quixeron perder a oportunidade de bancar os seus nun novo desprazamento. Gran presenza tamén de público local, o que encheu de colorido as bancadas, cun ambiente no que primou o fair play e o bo rollo.

No campo o partido estivo marcado polas defensas e a férrea actitude defensiva de ambos conxuntos. Unha primeira metade na que non se impuxeron as pizarras e a loita concentrouse na medular e unha segunda na que chegaron os dous goles e ambos tentaron ver a portería rival, aínda que sen fortuna. Os erros na definición condearon ós de Currás, que tralo gol encaixado viñéronse arriba, pero non foron quenes de anotar máis que o tanto do empate.

O encontro arrincou co Ourense saindo ó ataque e na busca da meta do Campo Lameiro, aínda que sen sorte no tiro final. Alfredo tivo a primeira, pero o cancerbeiro local evitaba o gol, despexando a saque de curruncho. Pouco despois noutro saque dende o curruncho, Codeso remataba a boca de gol, pero un defensa evitaba o tanto, cruzándoselle na traxectoria do coiro.

Tras este inicio ofensivo dos visitantes, chegou a réplica dos locais, que comezaron a chegar a meta defendida por Pato, aínda que sen excesivo perigo. O uruguayo puxo o cerrollo e a zaga axudou nas tarefas de contención. O encontro entrou nunha fase de idas e voltas, aínda que sen definición nin acerto nos últimos pases. Con táboas chegouse ó descanso, sen goles, pero cun bo espectáculo sobre o campo e cas afeccións moi enchufadas.

Trala reanudación, chegou o primeiro troco de Currás, que deu entrada a Adrián no lugar de Hugo. Tamén chegou o tanto en contra, unha vez máis a balón parado, a gran tarefa a correxir polo Ourense. Santi Fontán servía unha falta e por ahí aparecía Arias para rematar libre de marca e enviar o coiro ó fondo da rede.

O tanto serviulles os locais para repregarse en tarefas defensivas e ceder a iniciativa ó conxunto vermello, que comezou a busca da porta rival, con máis de media hora por diante para sacar algo positivo da Chanciña. Currás deu entrada a Unai en detrimento de Durán e Jony pasou á punta do ataque coma parella de Adrián, co recen chegado ocupando o seu posto na banda.

Unai cambioulle a cara o ataque unionista, dándolle mobilidade, máis chegadas e gozando de varias ocasións para empatar. Primeiro cun remate tras un pase de Alfredo ó que non chegou Adrián, pero o cancerbeiro evitaba o tanto. Pouco despois, remataba outro coiro, pero desta vez desviado. Os ourensáns despregábanse en ataque, as ocasións sucedíanse, pero a pelota non quería entrar, tanto por erros na definición, coma por acerto da zaga local.

A 9 minutos para o final e co equipo volcado, chegou o tanto do empate, cando Unai recollía un balón na frontal da área e rematábao ó interior da rede. De ahí ó final, máis ocasións para os nosos, pero o sino do encontro xa estaba escrito.
A continuación, podes ver a galería fotográfica do encontro. Preme sobre a imaxe para visualizala.

CAMPO LAMEIRO CD. VS UD. OURENSE