A UD Ourense visita o Campo Lameiro a partir das 17:30 horas, nun encontro cheo de emoción para ambos contendentes e no que os 3 puntos en xogo serán decisivos para o devir dos seguintes encontros.
Novo desplazamento e este con condicións moi especiais. O Campo Lameiro prepárase para recibir a marea vermella que se desprazará hasta esta pequena vila pontevedresa para seguir deixando o nome de Ourense ben alto. O clube preparou un recibimento especial para a nosa afección, con venta de entradas anticipadas a 6 euros e un menú nun coñecido restaurante da zona. A súa idea, atraer a nosa parroquia e desfrutar dun día de irmanamento e festividade futbolística.
Os de Currás visitan terras pontevedresas unha vez máis en busca da segunda vitoria a domicilio do curso. Os ourensán levan tres desprazamentos lonxe de O Couto, que se saldaron con derrota, vitoria e un empate. Tras superar o Marcón Atlético na casa e desputar o partido copeiro fronte o Ribeiro, chegou o turno de voltar facer kilómetros e buscar tres novos puntos para seguir mantendo a segunda plaza e esperar un tropezo do Bande para facerse coa primeira.
O Campo Lameiro non será un rival sinxelo. Recén ascendido, está dando moito do que falar, especialmente co seu gran inicio ligueiro. Os pontevedreses arrincaron a temporada con 3 vitorias (Gondomar, Erizana, Moaña) e 1 empate (Modariz), antes de caer fronte o Sanxenxo e ver frenada a súa boa racha. Despois nova derrota fronte o Atios e vitoria o pasado fin de semana no campo do Valladares.
Os verdes son un equipo fiable coma locais, aínda que a derrota na casa fronte o Atios fixo algo de mella nunha das pezas claves do clube, o seu estadio. O Moaña superárono por 1-0 e o Erizana por 4-2. 13 puntos en 7 xornadas fanos estar situados en sexta plaza a 3 puntos do Ourense. En canto a datos goleadores, suman 13 goles a favor por 10 en contra. Se teñen o día serán un equipo difícil de batir e que ve porta con facilidade, xa que só quedaron sen marcar fronte a Mondariz e Sanxenxo.
Currás afronta o encontro ca inquedanza da saída fora e ca lección aprendida dos campos máis pequenos, nos que toca cambiar de estilo. O técnico aposta por sumar unha nova vitoria, pero sabe que non será tarefa sinxela. Para esta empresa conta con todos os seus efectivos. Moitos foron os que descansaron no encontro de Copa fronte o Ribeiro e terán mañá unha nova oportunidade no 11.
Agárdase que saia de inicio o XI de gala, con Pato baixo paos, liña defensiva con Josu, Germán, Corzo e Oli. Luis, Fran Martínez e Durán na medular, Alfredo e Joni nas bandas e Hugo coma punta de lanza. Os ourensáns siguen invictos dende a primeira xornada e queren prolongar a boa racha.