Comezan as competicións para a nosa Base. Tras un cambio importante para o club, as categorías inferiores da Unión Deportiva Ourense inician a tempada regular nas súas novas instalacións en Miraflores. O partido destacado da xornada será o que despute o Cadete A, dado que será o primeiro da historia en Liga Galega das nosas categorías inferiores e o primer partido oficial en Miraflores.
Xuvenís
UD. Ourense – CD. Velle (Domingo ás 11:00 horas en Miraflores)
O equipo xuvenil, dirixido este ano polo técnico Agustín Ruiz (ex-futbolista profesional e de CD.Ourense) e Marquina, estrearase en competición de liga contra un equipo moi ben traballado e formado como son o das categorías inferiores do CD.Velle, polo que será un bo comezo para o noso filial, nun partido que se presenta atractivo.
Cadete A
UD. Ourense – Bora CF. (Sábado ás 16:00 horas en Miraflores)
O Cadete A, dirixido polo tándem Luis Vilachá e David Valderas, xogarán un partido para enmarcar na historia da nosa entidade xa que, será o primeiro encontro en Liga Galega das categorías inferiores do club. O equipo pontevedrés Bora CF. será o noso primeiro rival da categoría. Esta xornada tamén coincidirá co estreo en partido oficial das novas instalacións en «Colegio Miraflores» polo que tamén será un motivo histórico.
Todos os ingredientes se dan para que non vos perdades esta cita. #AnosaBase
Cadete B
Chantada – UD. Ourense (Sábado ás 19:00 horas en Chantada)
O Cadete B, dirixido polo xogador do primeiro equipo Luis González e David Guerra, iniciarán a competición ligueira en terras lucenses coa visita a vila de Chantada.
Os xogadores do Cadete B teñen unha ocasión moi boa para aprender e ilusionarse coas instruccións do seu adestrador, dado que como xogador do primeiro equipo, transmitirá aos seus futbolistas todos os valores, ánimos e aspiracións para que con traballo e esforzo poidan chegar á categoría superior de liga Galega.
Infantil A
Santa Teresita – UD. Ourense (Domingo ás 10:00 horas en Eiroás)
O Infantil A dirixido por Bruno, xogador do primeiro equipo e Víctor, arrancan a competición copeira no campo de Eiroás contra o Santa Teresita. Desexámoslle moita sorte nesta bonita competición.
#DiversióneDeportividade