Carlos de Dios Rodríguez (Niñodaguia, Xunqueira de Espadañedo, 1992), chega á UD Ourense procedente da UD Somozas. O centrocampista ourensán síntese feliz por voltar á casa e poder defender as cores do club da súa cidade.
- Que esperas da tempada?
Espero que sexa unha boa tempada e cumplamos os obxectivos, por traballo non vai a ser, dareino todo por esta camiseta!
- Por qué decidiches fichar pola UD Ourense?
Estou moi feliz de volver á casa, é un orgullo poder defender as cores do clube da miña cidade!
- Que lle dirías á afección?
Espero que mellore pronto esta situación que estamos vivindo e podamos desfrutar todos xuntos en O Couto! Forza Ourense !