Carlos Pérez, nova incorporación da UD Ourense

con No hay comentarios

A UD Ourense incorpora a un novo xogador procedente da canteira do RC Celta. Carlos Pérez “Litos” chega para reforzar a zaga ourensá e sumar unha nova ficha sub. 23. Xogador con gran futuro e con presencia nas categorías inferiores da selección española.

Tras as incorporacións de Rubén Arce, Marcos Alonso e Viti, a UD Ourense fai oficial a súa cuarta fichaxe de cara a vindeira tempada. Trátase de Carlos Saturnino Pérez Morales “Litos” (Vigo, 1999) que chega procedente do RC Celta no que formou parte do plantel da División de Honra Xuvenil. Xogador que actúa de zagueiro e destaca pola súa polivalencia en varias posición defensivas, especialmente no posto de lateral dereito, aínda que tamén se pode desenvolver pola esquerda.

Carlos formouse na canteira do Santa Mariña e CD Areosa, antes de dar o salto o conxunto olívico, co que pasou por cadetes e xuvenís antes de recalar no Ourense, tras rematar a súa etapa formativa. É un xogador de carisma, cun gran xogo de pés e que destaca tamén nas súas incorporacións ofensivas e pola contundencia defensiva.

En Ourense reencontrarase con Marcos Alonso, co que compartiu vestiario nas últimas tempadas no conxunto. Destacar que foi internacional cas categorías inferiores da selección española, ca que foi convocado en varias ocasiones, o que amosa as súas aspiracións de futuro. Será o segundo xogador de fora de Ourense da historia do clube.

¡Benvido ao Ourense!

Deixámosvos a rolda de prensa de presentación