A UD Ourense recibe ao Caselas mañá domingo a partir das 18:30 horas. Terceiro encontro ligueiro e segundo consecutivo no estadio de O Couto. Oportunidade para sumar 3 puntos máis antes de voltar a xogar fora. Hugo García e Oli, con molestias, as dúbidas de Currás para o encontro.
Despois dunha semana tranquila trala victoria incontestable dos ourensáns fronte ao Estradense, un dos serios candidatos a pelexar o ascenso a final de tempada, toca voltar a porse o traxe de faena para recibir a un equipo combativo e con historia propia na Preferente Autonómica.
Os de Fernando Currás prosiguen cos adestramentos e formando un núcleo sólido e con moita cohesión. Nas dúas xornadas desputadas viuse unha unión moi importante dentro do terreo de xogo, algo que sen dúbida é vital para o devir do campionato e para acadar os obxetivos. O técnico recupera para este encontro a Rubén Durán e Bruno, despois de cumplir sanción polas súas rigurosas expulsións no primeiro compromiso ligueiro en Valladares.
As dúbidas chegan á hora de aliñar a Hugo García e Oli. Ambos xogadores arrastran molestias. No caso do dianteiro, o golpe sufrido no xeonllo durante o encontro ante o Estradense, ten en vilo ao corpo técnico. Trala resonancia á que foi sometido, non quedou claro o alcance da lesión e a pesar de ser dúbida, podería entrar no XI de mañá domingo. No caso do lateral, que xa se perdeu o último partido de liga, parece que voltará a descansar e desta forma recuperarse da millor maneira posible.
O rival chega a Ourense despois de dous encontros nos que amosou luces e sombras. A victoria 2-3 diante do Atios a domicilio, deixou boas sensacións no conxunto de Salceda de Caselas, pero a derrota na casa fronte ao Valladares polo mesmo resultado, supuxo o xerro de auga fría, máis se cabe porque o equipo púxose por diante en dúas ocasións e acabou vendo como lle remontaban o duelo na segunda metade.
O Caselas, que afronta a súa segunda tempada consecutiva en Preferente, despois dun paso fugaz pola Primeira Autonómica, chega con todo o seu arsenal a disposición do técnico, Antonio Jonás Rodríguez. Un conxunto que ata agora amosou o seu poder goleador, pero que tamén recibiu unha boa coantía de goles en contra, concretamente 5 a favor e 5 encaixados. Futbolistas coma o zagueiro José Ángel, autor de 2 tantos no que vai de competición ou Pablo Piñeiro e Guerra, son o máis destacado dun conxunto que mantén parte do bloque da pasada campaña.
Partido moi aberto, pero no que as dimensións do Couto serán un punto a favor dos vermellos, como xa se viu no primeiro compromiso na casa. Agora tócalle afición voltar amosar o seu poderío, que xa se deixou ver fronte ao Estradense, con máis de 1.000 persoas na bancada de Tribuna. Para este encontro, entrados xa no mes de setembro, agárdase unha mellor entrada. A venda de carnets continúa e as oficinas do clube estarán abertas tanto sábado coma domingo en horario de 11:00 a 13:30 horas para que os socios poidan retirar o seu abono, renovalo ou proceder a darse de alta. O domingo tamén se poderán retirar en taquilla.
O fútbol segue presente en O Couto e agora tócalle á afección e ao plantel comulgar en busca dun mesmo camiño, o do ascenso.