Tarde do sábado, en pleno entroido, chegaba a UD Ourense a Beluso para romper e cortar esa mala serie de resultados a domicilio. Empezarían xa avisando nos primeiros minutos despois dunha falta lateral sacada por Duran que remata Josu no segundo pau de cabeza que se iría desviado. Richi probaría de lonxe a Pato no 17´, que detería en dous tempos a meta uruguaio.
O dominio era visitante, nun campo de pequenas dimesiones e con moito contacto. No 20´, German probaría desde o bordo da área a Buyo, que faría unha gran estirada para desviar o balón a saque de esquina. No 29, chegaría o primeiro gol da tarde, xogada persoal desde a banda esquerda de Hugo, que remataría co pié Joni no segundo pau despois do centro do seu compañeiro. Hugo tería que retirarse do terreo de xogo por molestias entrando Unai.
No 35, empatarían os locais nunha falta colgada á área que se envenena e entraría pegada ao poste, onde Pato mesmo chegou a tocar pero non puido desvialo. Antes do descanso, chegaría ese tanto chamado ?psicolóxico?, onde Unai vaise de dous pola esquerda, saca o centro e no primeiro pau Joni de novo, mete a punteira para introducir en balón no fondo da rede. Puido chegar o empate xusto antes do descanso, despois dun remate de cabeza de Cidras, pero Pato faría unha gran parada.
Empezaría sen cambios o segundo tempo, onde as alternancias no xogo eran constantes, onde moito xogo no medio campo pero sen aproximacións de perigo por ambos os equipos, ata o minuto 70, onde un balón en longo para Joni, que en velocidade se planta ante Buyo que lle gaña a partida e desvía o balón a córner.
O Beluso, tivo a súa dobre ocasión no 74, disparo de Cidras desde a frotal, que rexeitou levemete en Codeso e foise a saque de esquina moi pegado ao poste cando parecía que entraba. No saque de esquina, de novo Cidras de cabeza remataría fóra. A sentenza chegaría no 79, despois de que quedase o balón morto na área e despois de varios rexeites, Corzo collese o balón e fusilase a Buyo.
Tres puntos de ouro, onde todos os rivais sumaron esta xornada, menos o Estradense que perde o liderado á conta do Bande. A clasificación iguálase aínda mais.