Gran ambiente no novo estadio da Estrada, cheo absoluto na súa bancada e arredores, cun tempo que por momentos chovía debilmente e con numerosa xente desprazada desde a cidade das Burgas. No once inicial coábase a última fichaxe dos ourensáns, no eixo da defensa, Vieytes. Empezou o partido tendo o balón os visitantes, pero saíndo á contra con moito perigo o equipo da Estrada pero con moita seriedade a defensa de Fernando Curras desbarataba o perigo.
Carlos por banda esquerda e Alfredo pola dereita levaban perigo á meta local aínda que sen ocasións claras. Protestouse mediada a primeira parte un penal en cada área que o colexiado deixou seguir. O primeiro disparo a porta con certo perigo sería de Luís, despois dunha xogada de Carlos pola esquerda no 24´, que un defensor despexaría a córner. Alfredo retiraríase lesionado no 36 cunha picada na súa perna dereita entrando Unai. Chegaríase ao descanso con empate sen goles.
O segundo tempo empezaría sen novos cambios. Carlos probaría as luvas de Coke no 47´ cun tiro desde fóra da área. A ocasión mais clara do todo o partido sería no 59´, Luís desde 35 metros, vió ao porteiro adiantado e o seu disparo foise ao traveseiro cando xa se cantaba gol na parroquia ourensanista. Juanito, que terminaba de entrar, dispararía alto da meta de Pato no 66´.
O xogo e a intensidade do partido era máxima cada segundo por ambos os equipos e o desgaste altísimo. minuto 70´, centro desde a dereita de Duran, que dentro da área Unai de cabeza e o seu remate vaise pegado ao segundo pau, unha clara ocasión que puido facer o 0-1. Hugo no 74´, dispararía coa esquerda fóra, noutro intento desde fóra da área. Os últimos minutos foron de ocasións unicamente a balón parado que ambas as defensas rexeitaron o perigo chegándose termo do mesmo con empate sen goles.
Un partido moi intenso que terminou con repartición de puntos, e o líder mantén eses 4 puntos de distancia co seu perseguidor que segue sendo a UD Ourense nun choque que mostrou que estes equipos son doutra categoría.
A próxima xornada de novo a UD Ourense xogará lonxe do Couto, visitando ao Caselas.