CD Estradense – UD Ourense: Choque polo liderato

con No hay comentarios

A UD Ourense visita A Estrada para enfrontarse o Estradense. Os de Fernando Currás, que marchan segundos en liga, disputan un trascendental encontro fronte o líder, con 4 puntos de vantaxe sobre os vermellos. Moita expectación entorno o encontro da xornada en Galicia.

O partido da xornada en Galicia, así poderiamos calificar o encontro que desputarán mañá pola tarde no Municipal de A Estrada, o Estradense e o Ourense. Enfróntanse dous equipos que marchan na parte alta da táboa. Os locais chegan o partido coma líderes destacados da categoría, tras coller unha racha de once vitorias consecutivas, que os aupou o alto da táboa. Nas últimas catro xornadas, o conxunto que dirixe Alberto Mariano sumou unha derrota, un empate e dúas vitorias nos últimos dous compromisos ligueiros.

Pola súa banda, o Ourense afronta este encontro ca moral recargada trala vitoria da pasada semana fronte o Valladares por 3-0. Os vermellos olvidaron así o empate fronte o Atios e recargaron a moral para un partido moi importante e que marcará o devir polo liderato. En caso de vitoria, os vermellos situaríanse a un punto do seu rival de mañá, pero se cae unha derrota, os locais afastaríanse en 7 puntos, vantaxe moi importante.

O Estradense non será un rival fácil, como xa amosou no estadio de O Couto no partido de ida, onde a pesar de caer por 4-0, aguantaron moi ben as estocadas dos nosos e deron traballo a nosa defensa, pero o final remataron por sucumbir ante o empuxe ourensán. Coma locais, suman 6 vitorias, 2 empates e 2 derrotas. Mellores números amosan a domicilio con 8 vitorias, 1 empate e 1 derrota, a que lle inflinxiu o Ourense en O Couto.

Plantel no que destacan o mítico Pignol, que pasou por varios conxuntos do fútbol profesional español coma o Compostela, Numancia, Murcia, Zaragoza ou Las Palmas. Jorge Casal e Juan López con 15 e 9 goles respectivamente, serán outros dous homes a ter moi en conta.

Fernando Currás afronta este encontro coa dúbida de se poderá contar con varios xogadores que arrastran molestias das últimas semanas. Aitor, Joni, Fran Martínez, Unai, Omar e Adrián son os homes cos que o adestrador non saberá se poderá contar ata o propio día do partido. Vieytes, que xa xogou os primeiros minutos a pasada semana, podería ser a gran novidade no XI. A espera de ver se recupera os tocados, non se sabe a ciencia certa quenes serán os elexidos para o partido.

Non estará solo o Ourense no Municipal da Estrada. O clube xa despachou máis de 150 entradas para un desprazamento no que se agarda que máis de 250 ourensanistas estén presentes nas bancadas, enchendo de cánticos e cor vermellas as gradas do territorio rival.

Partido dos que deciden o devir dunha tempada e que sirven como punto de inflexión para seguir competindo na recta final ligueira. Afeccionado, mañá ti eres un máis, non faltes a cita co Ourense. O ourensanismo volve a ser clave.