CD Pontellas 3-1 UD Ourense: Dous minutos fatídicos tumban o Ourense

con No hay comentarios

A UD Ourense cae derrotada en Pontellas, nun encontro no que os vermellos non souperon sentenciar nin aguantar a súa vantaxe. Jony abriu o camiño cun gol nos prolegómenos do descanso. Os locais déronlle a volta nos últimos 15 minutos, con dous goles en dous minutos.

As saídas fora seguen sendo a asignatura pendente dun Ourense que non remata de afacerse a xogar lonxe de O Couto. Os ourensáns cústalles sentenciar os partidos e onte voltaron a pagar ese prato roto cunha remontada do Pontellas, equipo que marchaba colista na táboa e o que se esperaba superar con claridade antes de afrontar os 3 derbis ourensáns consecutivos que comezarán este mércores.

Os de Currás saíron o terreo de xogo ca novidade de Samuel baixo paus, unha infección obrigou a Pato a quedar sen xogar e o cancerbeiro de O Carballiño asumiu o seu rol de defender a meta. Tito Currás ocupou o lugar do gardamallas no banquillo. Outra das novidades foi a suplencia de Codeso, por primeira vez na tempada, dando entrada a Germán no eixe da zaga.

O encontro estivo marcado por unha primeira parte de idas e voltas, sen efectividade e sen que ningún conxunto lograra impor a su lei na zona de creación. As oportunidades tardaron en chegar e as primeiras estiveron nas botas dos de Pontellas, que tiveron a primeira oportunidade, a que respondeu Samuel sen problemas.

Co paso dos minutos, os ourensáns foron facéndose co control do xogo e empezaron a chegar con máis perigo. Oli puxo un centro moi pechado tras un pase de Alfredo, o coiro paseuose pola área, pero non atopou rematador. Josu puido anotar pouco despois tras unha boa combinación con Jony, pero un rival impediu o remate do lateral vermello.

Eran os mellores minutos dos nosos e nesas chegou o gol, o filo do descanso, cando máis dano fai na moral do rival. Jony gañoulle a partida o seu rival e plantouse diante do meta rival, que quedou a media saída, permitindo o de Carballeda de Avia anotar a pracer. Era o primeiro tanto do encontro e Ourense atopaba un bo premio nun momento crítico.

Tralo paso por vestuarios, os ourensáns gozaron dos mellores minutos do encontro, con un Rubén Durán que se fixo ca batuta da orquestra e comezou a facer xogar os seus. O Pontellas optou por introducir tres cambios, entre eles o cancerbeiro, que quedou mancado nun lance con Jony na primeira metade. Os vermellos desperdiciaron ata tres boas ocasións de ampliar a vantaxe. Adrián non definiu entre os tres paus e Durán e Alfredo topáronse coas mans do gardarredes.

Co paso dos minutos, os locais lanzáronse a tumba aberta a polo partido e houbo ocasións nas dúas áreas, aínda que os dianteiros non estaban moi afinados. Non sería ata os últimos 15 minutos cando se rompería o partido, con dúas xogadas clave en dous minutos e dous tantos de Nando, que se aproveitou de dúas indecisións da zaga vermella e dáballe a volta o encontro.

Os ourensáns ian por detrás e tentaron procurar o empate por mediación de Hugo e Alfredo, pero a pelota non quería entrar. Sí entrou o tanto de Dani, que sentenciaba o partido e dalle o Pontellas 3 puntos de ouro para escapar da zona de descenso. Os vermellos deberán recuperar sensacións de cara o mércores, cando reciben o Ribeiro.