A UD Ourense visita Porriño para enfrontarse a un Pontellas, que figura como colista na clasificación e acumula 5 xornadas sen coñecer a vitoria. Os ourensáns queren sumar o seu segundo triunfo do curso a domicilio.
Na cidade de As Burgas queren prolongar unha semana máis a súa racha de partidos invictos e buscar a segunda vitoria da tempada a domicilio. O conxunto que dirixe Fernando Currás rende visita o Pontellas, equipo que vai colista na táboa e o que tentarán superar para seguir unha semana máis nos postos de cabeza e tratar de facerse co liderato en caso de tropezo do Estradense.
As matemáticas son claras e ata o momentos estanse cumplindo os pronósticos previstos. A premisa estaba dictada, hai que gañar todos os encontros no Couto para ascender e tratar de sacar un mínimo de 9 vitorias a domicilio. Os vermellos xa sumaron a primeira no campo do Porriño e acumulan tamén dous empates, nas súas saídas a Navia e a Campo Lameiro. A única derrota cosechouse en Valladares.
O conxunto local é o prolegómeno dunha serie de enfrontamentos locais, na que os ourensáns se enfrontarán a Ribeiro, Bande e Nogueira consecutivamente, nunha serie de derbis provinciais nos que os vermellos queren sacar o máximo de puntos posibles. O Pontellas abrirá a veda e preséntase coma unha boa opción para sumar 3 novos puntos e auparse, antes dunha semana que terá xornada intersemanal para recibir o Ribeiro e concluirá o domingo en Bande.
Currás chega a cita ca baixa confirmada de Bruno, tras firmar polo Nogueira. O mediocentro deixa unha plaza na medular, posto no que de momento hai todavía competencia abondo e de momento non se pensa en reforzar. O técnico apostará por un XI con algún cambio, pensando na dura semana que espera de compromisos. Pato seguirá baixo paus, namentras que a zaga repetirá con respecto O Grove con Oli, Josu, Codeso e Corzo. Germán, Luis e Fran perfílanse na medular, quedando o tridente ofensivo para Durán, Alfredo e Hugo.
O rival chega o partido cunha racha negativa de 5 encontros sen gañar, nos que consumou catro derrotas e un empate. Os tropezos fronte o Moaña (1-0), Erizana (1-2), Sanxenxo (5-4) e Valladares (4-1) frenaron a un conxunto que recuperou algo de moral gañando o Moaña por 4-2, a única vitoria da tempada, a que se suman os puntos acadados fronte o Atios (0-0). Coma locais, un empate e unha vitoria en catro partidos, a esperanza a que se agarran para sorprender o conxunto unionista.
A pesar de ir colistas, serán un equipo con perigo en ataque, xa que suman 12 tantos a favor. So en tres encontros (Nogueira, Mondariz e Atios) non conseguiron anotar ningún tanto. En defensa, encaixan con facilidade e tan só deixaron a porta a cero fronte o rival de Porrriño, o Atios. Un total de 20 goles en contra son os que figuran no caseleiro.
Compromiso sempre complicado pola saída fora da casa, pero no que o Ourense tan só pensa na vitoria e en sumar 3 novos puntos de cara o seu obxetivo final.